Metodoloxía
Este Recurso Educativo Aberto (REA) está dentro do marco pedagóxico e metodolóxico do proxecto innovador, cREAgal (proxecto impulsado pola Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa) para impulsar pedagoxías activas facilitadoras da adquisición das competencias clave por parte do alumnado, mediante o traballo nos Recursos Educativos Abertos, basados en unha actividade híbrida de aprendizaxe, tanto a nivel dixital como a nivel analóxico. Xa que se emprega tato o ordenador, como o caderno, e material de escritura.
As propostas pedagóxicas terán en conta o deseño de propostas de aprendizaxe baseadas no traballo competencial e nos principios do Deseño Universal para a Aprendizaxe (DUA). Esta metodoloxía terá en conta a atención á diversidade e os diferentes ritmos de aprendizaxe, favorecendo a capacidade de aprender por si mesmos e promovendo a aprendizaxe en equipo. A metodoloxía didáctica será activa e participativa, favorecendo o traballo
individual do alumnado e a aprendizaxe cooperativa.
A realización de diversas tarefas, actividades ou proxectos de xeito autónomo e/ou guiado a través de situacións de aprendizaxe será a canle para tratar de acadar unha aprendizaxe significativa. Todo isto, terá un enfoque globalizador, de carácter interdisciplinar, transversal e tratando de achegar ao alumnado ao coñecemento científico. A contorna será o referente para a adquisición de novas aprendizaxes, comezando polas máis próximas á súa realidade, ata chegar a outras máis lonxanas e complexas.
O traballo individual, en pares ou en equipo (traballo colaborativo) serán as opcións máis empregadas para favorecer a inclusión e a participación de todo o alumnado.
A metodoloxía será activa, abríndose a novas experiencias que fomenten a innovación educativa e motiven ao alumnado cara ao autodescubrimento e a curiosidade.