Saltar navegación

2.2. Temporalización

Temporalización do REA

Este recurso está deseñado para realizar nas primeiras 20 sesións do primeiro trimestre segundo a programación didáctica modelo de Proens para a área de Ciencias Sociais de 6º de educación primaria.

A continuación inclúese unha estimación da temporalización recomendada para cada fase da situación de aprendizaxe traballada neste recurso:

Fase Seccións Para que? Temporalización
FASE 1. A orixe

1.1. A máquina do tempo

  • Unha sesión de motivación e presentación do reto.
1 sesión
FASE 2. Todo o que sei

2.1. A orixe do Universo

2.2. O sistema solar

2.3. Un pouco de xeografía

2.4. O coidado do medio

  • Unha sesión de revisión de coñecementos previos (seccións 2.1 e 2.2).
  • Outra sesión de coñecementos previos (seccións 2.3 e 2.4).
2 sesións
FASE 3. Medre a curiosidade!

3.1. A investigación e a iniciativa científica

3.2. O poder da túa voz

3.3. Ciberseguridade

3.4. Propiedade intelectual

3.5. Unha longa viaxe

3.6. Solaris

3.7. A vida na Terra

3.8. Camiño a casa

3.9. Non hai planeta B

Sesións dirixidas ao desenvolvemento e execución da actividade proposta (crear un lapbook de forma colaborativa):

  • Unha sesión para traballar contidos sobre a investigación e a iniciativa científica (3.1. A investigación e a iniciativa científica).
  • Unha sesión para traballar contidos sobre as exposicións orais (3.2. O poder da túa voz).
  • Unha sesión para traballar contidos relacionados coa ciberseguridade (3.3. Ciberseguridade). 
  • Unha sesión para traballar aspectos relacionados coa propiedade intelectual (3.4. Propiedade intelectual).
  • Dúas sesións para traballar no reto desta fase: a creación dun lapbook. 
  • Unha sesión para afondar máis no coñecemento do sistema solar, que finaliza coa actividade experimental da fabricación dun foguete caseiro (3.6. Solaris).
  • Unha sesión para coñecer as características que fan posible a vida na Terra e como comezou a mesma (3.7. A vida na Terra).
  • Tres sesións para investigar sobre o lugar que habitamos no universo, desde o mesmo ata a porta da nosa casa (3.8. Camiño a casa). 
  • Unha sesión adicada ao coidado do planeta (3.9. Non hai planeta B). 
12 sesións
FASE 4. Quenda final

4.1. Agora contas ti!

Sesións dirixidas ao desenvolvemento e execución do reto final, que consiste en elaborar unha liña do tempo desde a orixe da vida na Terra ata a aparición do ser humano.

3 sesións
FASE 5. Conclusión

5. Conclusión. Avalíate

  • Unha sesión vinculada á análise do traballo realizado durante a unidade e os contidos traballados.
  • Unha sesión dedicada á autorreflexión, individual, de equipo e de clase, sobre a utilidade do aprendido e o traballo realizado durante o reto. Posta en común dos resultados e conclusións co resto da clase.
2 sesións

Feito con eXeLearning (Nova xanela)