📱 1-1-2
O REA 1-1-2 fai un percorrido polos sentidos numérico e socioafectivo que corresponden ao curso de 2.º da ESO.
O fío condutor son as situacións de emerxencia que se poden producir en saídas extraescolares, e como previr ou actuar ante elas.
O REA ten cinco fases ben diferenciadas:
- Descrición: Números que salvan vidas.
- Exploración: Plan de salidas.
- Conexión: Plan de aprendizaje.
- O reto final: Plan de actuación.
- Conclusión: Plan de difusión.
Na fase 1 é onde se describe o reto a acadar e tamén onde se crean os equipos de traballo. Ademais, comeza coa descrición do significado do número 112 de Galicia e ás súas actuacións, explicando os tipos de emerxencias cos que se atopa.
Esta fase é motivacional e integradora, moi enfocada cara ao sentido socioafectivo.
Na fase 2 faise un repaso polos principais coñecementos abordados en 1.º da ESO sobre números enteiros, potencias e raíces.
Na fase 3 abórdanse os contidos deste curso, e faise unha inmersión na situación de aprendizaxe a través das posibles emerxencias que poden xurdir por causas naturais, como os furacáns, terremotos, inundacións...
Na fase 4 ponse en práctica todo o aprendido; desenvólvese o reto.
Na fase 5 ponse en valor o aprendido compartíndoo co resto da clase.
O substrato do REA
A acepción que subxace en todo o REA é a resolución de problemas ante posibles emerxencias.
A intención das persoas elaboradoras é que o alumnado sexa consciente de que na vida real xorden situacións que necesitan das matemáticas para a súa resolución, unhas máis simples e outras máis complexas. Para abordalas hai que recadar datos, ordenalos e deseñar posibles solucións.
O deseño de estratexias para aportar solucións a problemas reais comeza por informarse e introducirse nesa situación, por iso en todas as páxinas deste REA hai resumos de contextos vinculados aos enunciados propostos.
Ademais hai vídeos que motivan e fomentan a creatividade, así como imaxes cunha intencionalidade concreta segundo o contido e o contexto traballado.
As actividades están deseñadas para asentar o pensamento crítico e axudar á comprensión, conexión e memorización dos contidos a distintos niveis, para que estean ao alcance de todo o alumnado.