Saltar la navegación

3. Guía de uso

XeaMat

O REA XeaMat fai un percorrido polos sentidos numérico e socioafectivo que corresponden ao curso de 2.º da ESO.

O fío condutor é a reconversión dun antigo negocio familiar nunha xeadería, poñendo en valor produtos galegos, e innovando en receitas e deseño.

O REA ten cinco fases ben diferenciadas:

  1. Descrición: "Unha idea refrescante".
  2. Exploración: "Pensando en frío".
  3. Conexión: "Una propuesta sabrosa".
  4. O reto final: "Últimos preparativos".
  5. Conclusión: "La apertura".

Na fase 1 é onde se describe o reto a acadar, o deseño dunha estantería onde colocar os ingredientes necesarios para facer xeados. Tamén se crean os equipos de traballo. Esta fase é motivacional e integradora, moi enfocada cara ao sentido socioafectivo.

Na fase 2 faise un repaso polos principais coñecementos abordados en 1.º da ESO sobre números decimais e fraccións, contextualizados cunha noticia sobre o consumo de xeados.

Na fase 3 introdúcense novos contidos como a clasificación de números racionais, a fracción xeratriz ou os problemas que calculan a fracción do resto, todos eles dentro da resolución de problemas con maior ou menor complexidade, para desenvolver de xeito individual e grupal.

Na fase 4 ponse en práctica todo o aprendido, diseñando a estantería e repartindo as súas baldas.

Na fase 5 ponse en valor o aprendido compartíndoo co resto da clase.

O substrato do REA

A intención das persoas elaboradoras é que o alumnado sexa consciente de que na vida real xorden situacións, como a posta en marcha dun negocio, que necesitan das matemáticas para a súa resolución, unhas máis simples e outras máis complexas. Para abordalas hai que recadar datos, ordenalos e deseñar posibles solucións.

O deseño de estratexias para aportar solucións a problemas reais comeza por informarse e introducirse nesa situación, por iso en todas as páxinas deste REA hai resumos de contextos vinculados aos enunciados propostos.

Ademais hai vídeos que motivan e fomentan a creatividade, así como imaxes cunha intencionalidade concreta segundo o contido e o contexto traballado.

Compre dicir que algúns deses vídeos son longos polo que se recomenda ver só a parte que o docente considere importante para captar a idea, non se recomenda a visualización completa na aula. Do mesmo xeito, algúns dos contextos vinculados aos enunciados poden acurtarse empregando a lectura facilitada.

As actividades están deseñadas para asentar o pensamento crítico e axudar á comprensión, conexión e memorización dos contidos a distintos niveis para que estean ao alcance de todo o alumnado.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)