XeaMat
Este REA (Recurso Educativo Aberto) ten como obxectivo principal que o alumnado integre nos seus coñecementos unha parte dos bloques dos sentidos numérico, espacial e socioafectivo do currículo de 2.º de ESO tomando como fío condutor a reconversión dun antigo negocio familiar nunha xeadería, poñendo en valor produtos galegos, e innovando en receitas e deseño.
Ademais, incorpora estratexias de resolución de problemas e de traballo en equipo, a través de situacións reais motivadoras que requiren distintos niveis de dificultade.
Para acadalo proponse deseñar unha estantería e organizar nos seus andeis os produtos necesarios para elaborar distintas receitas de xeados, empregando fraccións e decimais.
As metas de aprendizaxe son as seguintes:
- Coñecer situacións reais nas que que se aplican as fraccións e os decimais para xestionar recursos.
- Utilizar as fraccións e os números decimais para expresar cantidades e representalas nunha receita.
- Interpretar e resolver problemas que utilicen fraccións oi decimais, elaborando representacións na súa resolución, aplicando ferramentas e estratexias apropiadas.
- Traballar en equipo, respectando diferentes opinións, comunicando de maneira efectiva, repartindo as tarefas, favorecendo a inclusión, pensando de forma crítica e creativa.
- Xestionar emociones propias con expectativas positivas ante novos retos matemáticos.