Temporalización do REA
Esta unidade está pensada para realizar en 12 sesións e, segundo a programación didáctica de referencia publicada en Proens para a materia de "Matemáticas" de 2.º da ESO, impártese no primeiro trimestre.
Engloba os aspectos curriculares dos temas "Fraccións e decimáis" (11 sesións) e o transversal 1 "Matemáticas para a vida en sociedade" (1 sesión).
A continuación inclúese unha estimación da temporalización recomendada para cada fase deste recurso:
| Fase | Seccións | Descrición do traballo a desenvolver | Temporalización |
|---|---|---|---|
|
Descrición da situación de aprendizaxe: 1. Una idea refrescante |
1.1. Innovando |
Sesión de introdución e motivación sobre o reto. Descríbese a formación de equipos e os elementos que compoñen o reto. Contén reflexións para anotar no Diario de Aprendizaxe de forma individual e grupal. |
1 sesión |
|
Exploración de coñecementos previos: 2. Pensando en frío |
2.1. Hela2 2.2. Informa2 |
Sesións para conectar cos coñecementos de 1.º da ESO. Faise un repaso dos conceptos de número decimal e fracción. Contén reflexións para anotar no Diario de Aprendizaxe de forma individual e grupal. |
2 sesións |
|
Conexión: 3. Una propuesta sabrosa |
3.1. Productos frescos 3.2. Recetas saludables 3.3. Espacios funcionales 3.4. Despensa eficiente 3.5. Cuentas claras 3.6. Horario de apertura |
Sesións con actividades nas que se desenvolven os seguintes contidos e procedementos: 3.1. Clasificación e operacións básicas con números decimáis. Actividades contextualizadas nos productos frescos que se poden atopar nun mercado galego. (1 sesión) 3.2. Fraccións equivalentes, fracción irreducible, orden e representación de números racionais. Actividades contextualizadas nas matemáticas presentes nas receitas de xeados. (1 sesión) 3.3. Fracción xeratriz. Actividades contextualizadas nas matemáticas presentes na organización de espazos e a súa división para distintos usos. (1 sesión) 3.4. Operacións con fraccións e xerarquía de operacións. Actividades contextualizadas nas matemáticas que permiten relacionar a cantidade de cada ingrediente nunha receita, co espazo que ocupan eses ingredientes nunha estantería. (1 sesión) 3.5. Problemas básicos con fraccións. Actividades contextualizadas nas matemáticas presentes nas contas dun negocio: presuposto, comandas e ganancias. (1 sesións) 3.6. Problemas da fracción do resto. Actividades contextualizadas nas matemáticas que se poden empregar no reparto de espazo dunha estantería segundo o tipo de producto. (2 sesións) Entre as anteriores hai actividades de distintos niveis: - máis sinxelas de aplicación directa e autocorrexibles, - visuais e interactivas a través de aplets de GeoGebra - problemas multinivelados con enunciados máis complexos (lectura e datos, varias solucións ou formas de interpretar, modelización de fórmulas alxébricas...). A maioría dos problemas relacionados co reto preséntanse en forma de actividades grupais. Contén reflexións para anotar no Diario de Aprendizaxe de forma individual e grupal. |
7 sesións |
|
Reto final: 4. Últimos preparativos |
4.1. Inspírate y diseña |
Sesión para o diseño dunha estantería na que organizar os ingredientes necesarios para crear receitas de xeados. Contén reflexións para anotar no Diario de Aprendizaxe de forma individual e grupal. |
1 sesión |
|
Conclusión e avaliación: 5. La apertura |
5. La apertura |
Sesión vinculadas á síntese dos resultados obtidos e á avaliación destes. Auto-reflexión, individual e en grupo, sobre a utilidade do aprendido e comunicación dos resultados aos/ás compañeiros/as nunha exposición oral. A duración pode variar dependendo do número de grupos e do tempo que se dea a cada un deles. Autoavaliación e coavaliación. Proba escrita (non incluída). |
1 sesión |