Saltar la navegación

2. Contextualización curricular

Eixes da proposta didáctica

Esta proposta didáctica de Matemáticas para 2.º de ESO baséase nas seguintes liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe:

  • Tomar como punto de partida contextos reais e próximos ao alumnado, empregando tarefas de modelización e exemplos significativos para dar sentido aos contidos.
  • Impulsar a resolución de problemas dándolle un papel central, funcionando como estratexia de aprendizaxe, e non só como obxectivo final.
  • Favorecer o razoamento, a creatividade e a autoestima mediante o pensamento computacional, ligado ao matemático, facilitando a resolución progresiva de situacións complexas.
  • Promover o traballo en equipo como ferramenta para mellorar a motivación, a autonomía e as habilidades sociais.
  • Aplicar metodoloxías diversas, con materiais manipulativos e tecnolóxicos, adaptadas aos distintos ritmos de aprendizaxe.
  • Incorporar unha perspectiva socioemocional e transversal que fomente a igualdade, o pensamento crítico e a educación en valores.
  • Utilizar a avaliación continua como instrumento para mellorar o proceso de ensino-aprendizaxe, detectando dificultades e garantindo a atención á diversidade.

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

Este REA, en relación coa programación didáctica de referencia publicada en Proens para a materia de "Matemáticas" de 2.º da ESO (curso 25-26), 3. "Fraccións e decimais" e 13. "Matemáticas para a vida en sociedade".

A proposta é levalo á aula no primeiro trimestre, como segunda unidade.

O recurso englóbase fundamentalmente nos  bloques de contidos 1. "Sentido numérico" e 6. "Sentido socioafectivo".

IMPORTANTE: respecto do modelo de programación oficial que figura no aplicativo Proens (curso 25-26), engádese o contido C1.3 - Relacións, que figura no tema 1, para tratalo nesta situación de aprendizaxe.  extráense os contidos que gardan relación cos porcentaxes xa que serán tratadas no REA 3.

Contidos Bloque da materia
  • C1.1 - Cantidade.
    • C1.1.4 - Uso dos números enteiros, fraccións, decimais e raíces para expresar cantidades en contextos da vida cotiá coa precisión requirida.
    • C1.1.5 - Recoñecemento e aplicación de diferentes formas de representación de números enteiros, fraccionarios e decimais, incluída a recta numérica.
    • C1.1.6 - Resolución de problemas en diferentes contextos, seleccionando a representación máis adecuada dunha mesma cantidade (natural, enteiro, decimal, fracción ou raíz).
  • C1.2 - Sentido das operacións.
    • C1.2.1 - Identificación e aplicación das operacións con números enteiros, fraccionarios ou decimais útiles para resolver situacións contextualizadas.
    • C1.2.2 - Resolución de problemas contextualizados con operacións combinadas con números naturais, enteiros, fraccionarios e decimais, tendo en conta a xerarquía e aplicando as propiedades adecuadas para realizar os cálculos de maneira eficiente.
  • C1.3 - Relacións.
    • C1.3.1 Comparación e ordenación de fraccións, decimais e porcentaxes de maneira eficiente, atopando a súa situación exacta ou aproximada na recta numérica.

Bloque 1

Sentido numérico

  • C6.1 - Crenzas, actitudes e emocións.
    • C6.1.1 - Fomento da curiosidade, da iniciativa, da perseveranza e da resiliencia cara á aprendizaxe das matemáticas.
    • C6.1.2 - Recoñecemento das emocións que interveñen na aprendizaxe como a autoconciencia e a autorregulación.
    • C6.1.3 - Desenvolvemento da flexibilidade cognitiva para aceptar un cambio de estratexia cando sexa necesario e transformar o erro nunha oportunidade de aprendizaxe.
  • C6.2 - Traballo en equipo e toma de decisións.
    • C6.2.1 - Técnicas cooperativas para optimizar o traballo en equipo e compartir e construír coñecemento matemático.
    • C6.2.2 - Condutas empáticas e estratexias de xestión de conflitos.
  • C6.3 - Inclusión, respecto e diversidade.
    • C6.3.1 - Promoción de actitudes inclusivas e aceptación da diversidade presente na aula e na sociedade.
    • C6.3.2 - Recoñecemento da contribución das matemáticas ao desenvolvemento dos distintos ámbitos do coñecemento humano desde unha perspectiva de xénero.

Bloque 6

Sentido socioafectivo

Obxectivos Descrición
OBX 1 Interpretar, modelizar e resolver problemas da vida cotiá e propios das matemáticas aplicando diferentes estratexias e formas de razoamento para explorar distintas maneiras de proceder e obter posibles solucións.
OBX 3
Formular e comprobar conxecturas sinxelas ou expor problemas de forma autónoma, recoñecendo o valor do razoamento e a argumentación para xerar novos coñecementos.
OBX 6
Identificar as matemáticas implicadas noutras materias e en situacións reais susceptibles de ser abordadas en termos matemáticos, interrelacionando conceptos e procedementos para aplicalos en situacións diversas.
OBX 9
Desenvolver destrezas persoais identificando e xestionando emocións, poñendo en práctica estratexias de aceptación do erro como parte do proceso de aprendizaxe e adaptándose ante situacións de incerteza para mellorar a perseveranza na consecución de obxectivos e o gozo na aprendizaxe das matemáticas.
OBX 10
Desenvolver destrezas sociais recoñecendo e respectando as emocións e as experiencias dos demais, participando activa e reflexivamente en proxectos en equipos heteroxéneos con roles asignados para construír unha identidade positiva como estudante de matemáticas, fomentar o benestar persoal e grupal e crear relacións saudables.

A continuación, inclúense os descritores das competencias clave estipuladas pola normativa traballadas neste recurso.

Competencias clave Clave dos descritores operativos
Competencia en comunicación lingüística (CCL) CCL1, CCL5
Competencia plurilingüe (CP) CP3
Competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñería (STEM) STEM1, STEM2, STEM3, STEM4, STEM5
Competencia dixital (CD) CD1, CD2, CD3, CD5
Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA) CPSAA1, CPSAA3, CPSAA4, CPSAA5
Competencia cidadá (CC) CC2, CC3, CC4
Competencia emprendedora (CE) CE2, CE3
Competencia en conciencia e expresión culturais (CCEC) CCEC1, CCEC3, CCEC4

Feito con eXeLearning (Nova xanela)