Saltar navegación

3. Guía de uso

Pero ¡qué animal!

O REA Pero ¡qué animal! ten como finalidade a organización dun debate no que o alumnado, organizado en equipos, afondará en temas como o benestar e os dereitos dos animais de compañía, así como os dereitos e obrigas dos coidadores. Para prepararnos, traballarase na creación de textos argumentativos e de opinión, mellorando as habilidades gramaticais e prestando especial atención aos elementos da oratoria. Aproveitarase para propiciar a reflexión e o diálogo, facendo fincapé no respecto á diversidade de opinións. Este enfoque permitiranos medrar individualmente nas propias capacidades argumentativas, pero tamén fomentar un ambiente de respecto mutuo e benestar colectivo dentro da aula.

 As diferentes fases do REA están deseñadas partindo das características do DUA. Preséntase a información e as tarefas en diferentes modalidades, formatos e niveis, facilitando así o acceso a todas as realidades do alumnado.

Pretendemos que este REA sirva non só para a consecución dos obxectivos establecidos senón que vaia máis alá, e axude ao alumnado a debater con calma e escoitar con empatía cada vez que teña que tomar unha decisión en clase, co seu grupo de amizades, no seu equipo deportivo, familia ou en calquera ámbito da vida cotiá.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)