Criterios de avaliación e mínimos de consecución
Táboa na que se recollen os criterios de avaliación, os mínimos de consecución que se contemplan para cada criterio, os instrumentos de avaliación previstos e a súa ponderación (en base á proposta de Proens).
|
Códigos CA: descrición dos criterios de avaliación |
Mínimos de consecución |
Instrumentos de avaliación |
Unidade didáctica (Proens) |
% (Orientación de Proens) |
|---|---|---|---|---|
|
CA1.4 Recoñecer e rexeitar os usos lingüísticos discriminatorios e os abusos de poder a través da palabra identificados mediante a reflexión grupal sobre distintos aspectos, verbais e non verbais, que rexen a comunicación, tendo en conta unha valoración social equilibrada das dúas linguas oficiais. |
Manifesta respecto polas opinións do resto de persoas en toda circunstancia. |
TI |
7 |
11 |
|
CA2.3 Producir textos orais e multimodais de maneira autónoma, coherente e fluída, en contextos formais sinxelos e utilizando correctamente recursos verbais e non verbais básicos |
Expresa as súas opinións persoais de maneira coherente e fluída. |
TI |
7 |
11 |
|
CA2.4 Participar en interaccións orais espontáneas ou reguladas, incorporando estratexias sinxelas de escoita activa, de cortesía lingüística e de cooperación conversacional. |
Asimila parte das opinións alleas na súa propia argumentación. |
TI |
7 |
11 |
|
CA2.5 Expresarse oralmente con coherencia para satisfacer necesidades de comunicación en diferentes situacións, cun vocabulario axeitado ao seu nivel, a partir de experiencias e interaccións orais. |
Utiliza un vocabulario axeitado ao contexto nas diferentes situacións de comunicación. |
TI |
7 |
11 |
|
CA2.8 Mobilizar, coa planificación e acompañamento necesarios, estratexias básicas para a escoita activa, a comunicación asertiva e a deliberación argumentada, progresando na xestión dialogada de conflitos, propondo solucións creativas. |
Incorpora opinións alleas para adaptar a súa propia opinión na procura da resolución dialogada de conflitos ou na construción dunha opinión colectiva. |
TI |
7 |
11 |
|
CA3.3 Utilizar estratexias para a comprensión de textos de diversa índole, identificando palabras clave e anticipando hipóteses. |
Redacta a parte final dun texto incompleto dunha forma creativa e que sexa posible. |
PE (non incluída no REA) |
7 |
11 |
|
CA3.10 Construír, a través da linguaxe, un pensamento crítico para evitar discriminacións e prexuízos. |
Redacta un artigo de opinión sobre un tema social de interese expresando un razoamento claro e un criterio propio. |
PE (non incluída no REA) |
7 |
11 |
|
CA4.4 Adoptar hábitos de uso crítico, seguro, sustentable e saudable no uso das tecnoloxías dixitais da información e comunicación para a procura e tratamento da información de modo eficiente e responsable. |
Utiliza con regularidade recursos seguros na procura de información e evita utilizar enlaces publicitarios. |
TI |
7 |
11 |
|
CA6.6 Aplicar os coñecementos sobre as categorías gramaticais e as regras de ortografía, para favorecer unha comunicación máis eficaz. |
Redacta unha breve acta de debate cun vocabulario axeitado e cunha ortografía correcta. |
PE (non incluída no REA) |
7 |
12 |
| Lenda: %: Peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: Proba escrita, TI: Táboa de indicadores | ||||