Temporalización do REA
Está unidade didáctica está pensada para realizar en 15 sesións, e segundo a programación didáctica de referencia publicada en PROENS para a materia de "Lingua Castelá e Literatura" de 6º de Primaria, englóbase no terceiro trimestre, unidade 7.
A continuación se inclúe unha estimación da temporalización recomendada para cada fase deste recurso:
|
Fase |
Seccións | Descrición do traballo a desenvolver | Temporalización |
|---|---|---|---|
|
Fase 1. El debate de Oxford (Mobilizar) |
1.1. El plan 1.2. Objetivos 1.3. Diario de aprendizaje |
Partindo da escoita dun podcast sobre “O debate de Oxford”, preséntase, ao mesmo tempo, o reto desta situación de aprendizaxe (o debate) e o tema principal ao redor do cal xirará este debate: a relación da especie humana cos animais, en concreto cos animais de compañía. Nesta fase tamén se explicitan as metas e obxectivos a acadar e se propoñen as primeiras entradas no diario de aprendizaxe. |
1 sesión |
|
Fase 2. Un caballo y un mono (Activar e lembrar) |
2.1. ¿Cómo te lo cuento? 2.2. ¡Qué triste! 2.3. Gramática manipulativa I 2.4. Diario de aprendizaje |
Fase de coñecementos previos que se inicia coa presentación da obra de Astrid Lindgren, Pippi Calzaslargas, por ser un personaxe que comparte as súas aventuras con dous animais de compañía. Faise un repaso dos diferentes tipos de textos segundo a súa intención comunicativa e as categorías gramaticais, centrándonos na identificación do verbo, así como unha breve experiencia de debate en gran grupo. Entrada correspondente á fase 2 no diario de aprendizaxe. |
2 sesións |
|
Fase 3. Un caballo en mi habitación (Explorar, revisar e estruturar) |
3.1. Gatos y perros 3.2. Animal de compañía 3.3. Animales del mundo 3.4. Gramática manipulativa II 3.5. ¿Hablamos? 3.6. Un reto animal 3.7. Diario de aprendizaje |
Continuando co fío condutor (animais de compañía) desenvólvense os contidos referidos a esta unidade: textos argumentativos, textos de opinión, tipos de argumentos... de xeito que o alumando vai realizando actividades que lles permitan ir artellando argumentos útiles para o debate final. Así mesmo, tendo en conta a importancia da expresión oral no debate, hai unha sección específica con información sobre o tema (3.5. ¿Hablamos?) Aténdese tamén a contidos específicos sobre o verbo e os xentilicios. O diario de aprendizaxe conta con entradas específicas para esta fase 3. |
8 sesións |
|
Fase 4. Animales de compañía, sí pero... (Aplicar e comprobar) |
4.1. Preparando el debate 4.2. Bienestar animal 4.3. Tomando nota 4.4. Diario de aprendizaje |
Antes da celebración dos dous debates propostos, os grupos deben coñecer os roles principais nun debate, a estrutura do mesmo e as normas polas que deben rexerse. Nesta fase repartirán os roles e farán algún ensaio previo ao debate. E celebrarán os debates. As persoas que fagan de público deberán tomar notas para elaborar unha pequena acta, para o que contan con instrucións e un modelo de axuda. |
3 sesións |
|
Fase 5. ¿Cómo ha ido? (Concluír e comunicar) |
5.1. Semáforo 5.2. Nuestro equipo 5.3. Valoramos los debates 5.4. Diario de aprendizaje |
Preséntase un elemento visual como resumo do traballado ao longo do recurso. Ademais ofrécense ferramentas para: - a autorreflexión sobre o aprendido (5.1. Semáforo), - a coavaliación do funcionamento interno dos grupos de traballo (5.2. Nuestro equipo) e - a coavaliación dos debates celebrados (5.3. Valoramos los debates) |
1 sesión |