Pero ¡qué animal!
Pero ¡qué animal! é un REA que se corresponde coa unidade 7 da área de Lingua Castelá e Literatura de 6º de Educación Primaria, baseado na programación modelo de PROENS.
Actualmente para moitas persoas sería impensable vivir sen a compañía dun animal. Este REA axudará a crear conciencia sobre o benestar e os dereitos dos animais, así como os dereitos e deberes das persoas coidadoras. Con esta temática búscase a implicación do alumnado, xa que resulta imposible non tomar partido e ter unha opinión sobre aspectos como:
- Calquera animal pode ser animal de compañía?
- Animal de compañía, compañeiro ou antollo?
- É preciso que exista control sobre os animais de compañía que cada persoa ten?
O debate e os textos argumentativos serán o fío condutor a través do cal o alumnado aprenderá a crear argumentos sólidos, baseados en feitos concretos e datos contrastados, que permitirán unha exposición clara da postura que se quere defender, empregando axeitadamente os elementos da comunicación verbal e non verbal propios dunha boa oratoria.
Este REA suporá unha oportunidade para aprender a defender as nosas ideas dende a calma escoitando con empatía as opinións contrarias. Non todos opinamos o mesmo, debater dende o respecto produce enormes beneficios de benestar e boas relacións.
Propóñense as seguintes metas de aprendizaxe:
- Practicar a comprensión de diferentes tipos de textos.
- Contrastar e recoller información relevante a partir de diversas fontes de información.
- Coñecer as diferentes tipoloxías textuais: narrativos, descritivos, instrutivos e argumentativos.
- Crear diferentes tipos de textos orais e escritos, con corrección gramatical e ortográfica.
- Identificar verbos en oracións e analizalos segundo conxugación, número e persoal.
- Recoñecer as formas persoais e non persoais do verbo.
- Empregar unha linguaxe respectuosa e non discriminatoria.
- Participar nun debate con corrección e respecto.