Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Contextualización do REA na programación de materia

Os REA da materia de Lingua Castelá e Literatura de 6º de Educación Primaria están deseñados a partir da programación modelo de Proens 2022-2023, versión 1.

Os REA de Lingua Castelá e Literatura de 6º de Educación Primaria respectan a programación mestra de Proens para esta materia, cuns pequenos cambios que non afectan aos elementos principais da mesma. O obxectivo dos cambios propostos é que a UD 7 recolla o tema do debate e a UD 8 o da entrevista e non aparezan mesturados nestas dúas unidades. Facilítase así a organización dos contidos de lingua no referido a tipos de textos (argumentativos e expositivos de tipo periodístico respectivamente) e expresión e comprensión oral.

Cada REA se corresponde cunha unidade didáctica, afectando estes cambios aos mínimos de consecución das unidades 7 e 8 de Proens.

Cambios na UD 7:

Criterios de avaliación da UD7 Mínimo de consecución: en Proens Mínimo de consecución: cambios

CA2.4 - Participar en interaccións orais espontáneas ou reguladas, incorporando estratexias sinxelas de escoita activa, de cortesía lingüística e de cooperación conversacional.

Nas conversas grupais demostra respecto polas quendas, escoitando as intervencións dos demáis.

Asimila parte das opinións alleas na súa propia argumentación.

Cambios na UD 8:

Criterios de avaliación da UD8 Mínimo de consecución: en Proens Mínimo de consecución: cambios

CA2.2 - Utilizar de xeito efectivo a linguaxe oral: escoitar con atención, recoller datos, preguntar, repreguntar, interpretar e un vocabulario adecuado ao nivel.

Escoita as opinións dos demais no debate, argumentando a súa propia en función daquelas.

Escoita as opinións das persoas entrevistadas, preguntando e repreguntando con corrección lingüística e cortesía.

CA2.4 - Participar en interaccións orais espontáneas ou reguladas, incorporando estratexias sinxelas de escoita activa, de cortesía lingüística e de cooperación conversacional.

Asimila parte das opinións alleas na súa propia argumentación.

Nas entrevistas demostra respecto polas persoas entrevistadas, facendo as preguntas con cortesía e escoitando as respostas con atención.

CA3.7 - Elaborar textos escritos e multimodais coherentes, en distintos soportes, integrando recursos gráficos ou paratextuais que faciliten a comprensión do sentido global e da información relevante.

Redacta en procesador de textos resumo de debate, no que expresa as opinións enfrontadas e a conclusión final.

Redacta en procesador de textos resumo dunha entrevista realizada, no que recolle datos sobre a persoa entrevistada e os aspectos máis relevantes da información obtida a través das preguntas realizadas.

Estes cambios afectarían tamén a descrición inicial proposta en Proens para cada unha destas unidades (7 e 8):

  Descrición en Proens Cambio

UD7

O debate como forma ordenada de intercambiar ideas, con respecto polas diferentes opinións. Textos argumentativos, informativos e de opinión.

Verbos: conxugación, número e persoa. Formas persoais e non persoais.

Os xentilicios.

O debate como forma ordenada de intercambiar ideas, con respecto polas diferentes opinións. Xogo de roles e asimilación da postura contraria. Textos argumentativos, informativos e de opinión.

Verbos: conxugación, número e persoa. Formas persoais e non persoais.

Os xentilicios.

UD8

O debate: xogo de roles e asimilación da postura contraria. A entrevista: interacción coa persoa entrevistada. Preparación previa e redacción posterior da entrevista.

Verbos: tempo, modo e forma.

Uso g/j, aumentativos e diminutivos.

A entrevista: interacción coa persoa entrevistada. Preparación previa e redacción posterior da entrevista.

Verbos: tempo, modo e forma.

Uso g/j, aumentativos e diminutivos.

Este REA07 "Pero ¡qué animal!" é un REA para o 3º trimestre, que traballa os contidos da UD7 de Proens, tendo en conta os cambios anteriormente mencionados e deseñado para desenvolver en 15 sesións.

Relación dos REA coa programación modelo de Proens

Número de REA e título

Unidade/s didáctica/s (Proens)

Criterios de avaliación traballados

% Peso Materia (Orientación de Proens)

Temporalización

REA01: Acariciando palabras

UD1: Por fin somos os maiores!

CA1.1, CA1.3, CA1.5, CA2.1, CA2.4, CA3.5, CA3.6, CA6.6, CA6.7

10%

1ºT- 16 sesións

REA02: Activa modo diversiÓN

UD2: Escrito queda mellor

CA1.1, CA1.2, CA1.3, CA1.5, CA2.2, CA2.4, CA3.1, CA3.2, CA3.6, CA3.7, CA6.1, CA6.2, CA6.6, CA6.7

10%

1º T- 16 sesións

REA03: Abriendo puertas

UD3: Aprendo e me emociono coa palabra

CA2.1, CA2.3, CA2.5, CA3.2, CA3.3, CA3.4, CA3.6, CA3.8,  CA4.1, CA4.2, CA4.3, CA6.2, CA6.6

10%

1º T- 16 sesións

REA04: ¡Asómbrate!

UD4: Contos e novelas

CA2.1, CA2.5, CA3.2, CA3.4, CA3.9, CA4.5, CA4.6, CA5.1, CA5.3, CA5.4, CA5.5, CA5.6, CA5.7, CA5.9, CA6.2, CA6.4, CA6.6

11%

2ºT- 15 sesións

REA05: Poemas en el tejado

UD5: A linguaxe poética

CA2.3, CA3.4, CA4.5. CA4.6, CA5.2, CA5.3, CA5.4, CA5.5, CA5.6, CA5.7, CA5.8, CA6.2, CA6.6

11%

2ºT- 15 sesións

REA06: cREAndo criaturas

UD6: Quen me coñece mellor?

CA2.5, CA3.6, CA3.9, CA3.10, CA6.2, CA6.3, CA6.4, CA6.6

11%

2º T- 16 sesións

REA07: Pero ¡qué animal!

UD7: Vivimos en democracia

CA1.4, CA2.3, CA2.4, CA2.5, CA2.8, CA3.3, CA3.10, CA4.4, CA6.6

12%

3ºT- 15 sesións

REA08: De boca cerrada, no salen preguntas

UD8: Comprendo a túa opinión

CA2.2, CA2.4, CA2.7, CA2.8, CA3.7, CA3.8, CA3.10, CA3.11, CA6.5, CA6.6

12%

3ºT- 15 sesións

REA09: ¡No te lo vas a creer!

UD9: A comunicación no mundo dixital

CA2.6, CA2.7, CA3.3, CA3.10,  CA4.4, CA6.6

13%

3ºT- 16 sesións

Eixes da proposta didáctica

O elemento vertebrador desta proposta didáctica é o debate sobre o benestar e os dereitos dos animais de compañía e sobre os dereitos e deberes dos seus coidadores. Trátase dun tema controversial polo que, o alumnado, terá a oportunidade de buscar, seleccionar e contrastar aquela información que considere relevante utilizando diversidade de fontes. Tamén será necesario reflexionar sobre as súas preconcepcións e prexuízos e ser capaz de elaborar argumentos que defendan unha determinada postura aínda que non se sinta especialmente identificado con ela. O estudo do verbo, dos xentilicios, as diferentes tipoloxías textuais e o afondamento nos textos argumentativos e de opinión, completan esta proposta na que a expresión oral e a oratoria teñen un peso importante, xa que o debate aúna a técnica comunicativa coa organización de ideas.

Produción de textos orais, no que o alumnado terá que:

  • Transmitir a mensaxe a través da linguaxe oral e xestual.
  • Practicar a entoación, dicción e fluidez.
  • Traballar en equipo, chegando a acordos e respectando os roles.

Comprensión de textos orais e escritos, no que o alumnado terá que:

  • Extraer información relevante.
  • Destacar as palabras clave.
  • Contrastar a información.

Investigación, no que o alumnado terá que:

  • Seleccionar fontes de información fiables.
  • Atopar información precisa e axeitada.
  • Seleccionar a información necesaria.

Produción de textos escritos, no que o alumnado terá que:

  • Elaborar argumentos e dar a súa opinión.
  • Utilizar os signos de puntuación necesarios.
  • Escribir con corrección ortográfica, poñendo os acentos necesarias e utilizando correctamente as maiúsculas.

Participación activa nos debates, no que o alumnado poderá:

  • Practicar a escoita activa.
  • Desenvolver o pensamento crítico.
  • Participar asumindo un rol asignado.
  • Respectar as quendas de intervencións.

Contribución á consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS):

  • ODS 15, vida de ecosistemas terrestres. As metas que a ONU marca para a consecución deste obxectivo parecen estar máis encamiñadas á conservación de ecosistemas que a dar respostas ás necesidades dos animais de compañía. Aínda así, parece querer regular que especies poden ser ou non animais de compañía, coa eliminación da caza furtiva, o tráfico de especies e a introdución de especies exóticas potencialmente invasoras.
  • One Health, un novo enfoque. O desenvolvemento desta proposta didáctica invita a reflexionar sobre a relación que establecemos os humanos coas comunidades animais e cal é a nosa consideración hacia eles. Tendemos a ter unha visión antropocéntrica con respecto a todo o que nos arrodea, e os animais non son unha excepción. O enfoque One Health pon de manifesto a estreita relación que existe entre as poboacións de seres vivos (animais, vexetais, microorganismos...) e os ecosistemas dos que forman parte, de xeito que a saúde duns repercute na dos outros. Polo tanto, e seguindo este enfoque, se coidamos da saúde dos nosos animais de compañía, estaremos coidando a propia, xa que formamos parte dun mesmo ecosistema.
  • Lei 7/2023, do 28 de marzo, de proteción dos dereitos e o benestar dos animais. A lei de benestar animal persegue unificar os obxectivos de desenvolvemento sostible co enfoque One Health co fin de mellorar a saúde humana coidando da dos nosos compañeiros doutras especies.

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

Contidos específicos traballados dentro de cada bloque xeral de contido, na UD 7 de PROENS.

Contidos

Bloque da materia

  • C1.5 - Estratexias de recoñecemento de abusos de poder e prácticas discriminatorias pola linguaxe, a través da reflexión grupal.
  • C1.6 - Uso dunha linguaxe non discriminatoria e respectuosa coas diferenzas e coa perspectiva de xénero.

Bloque 1. A lingua e os seus falantes

  • C2.2 - Xéneros discursivos

- C2.2.3 - Utilización dun vocabulario adaptado ao nivel sobre diferentes temáticas para unha mellor comunicación oral en distintas situacións.

- C2.2.4 - Estratexias para a coherencia, cohesión e adecuación na produción e reprodución oral de textos.

  • C2.3 - Procesos: interacción oral

- C2.3.1 - Estratexias para a utilización da linguaxe oral como instrumento de comunicación e aprendizaxe: escoitar, recoller datos, preguntar, exposición de ideas.

- C2.3.2 - Interacción oral adecuada en situacións de aula e en contextos formais pautados con respecto ás estratexias de cortesía lingüística.

- C2.3.3 - Participación activa en situacións de comunicación, espontáneas e dirixidas, utilizando un discurso coherente, ordenado e lóxico, e mobilizando a empatía na escoita e na expresión para transmitir necesidades, vivencias e emocións propias e alleas.

- C2.3.4 - Estratexias de escoita activa, asertividade e proposta de solución creativa para a resolución dialogada de conflitos, utilizando unha linguaxe oral non discriminatoria, con propostas propias e tendo en conta a perspectiva de xénero.

  • C2.4 - Procesos: comprensión oral

- C2.4.1 - Comprensión e expresión de mensaxes verbais e non verbais.

- C2.4.3 - Comprensión global e específica de textos orais de diversa tipoloxía atendendo á forma da mensaxe (descritivas, narrativas, dialogadas, expositivas) e á súa intención comunicativa (informativos, literarios e prescritivos), desenvolvendo unha valoración crítica e detectando usos discriminatorios da linguaxe verbal e non verbal.

  • C2.5 - Procesos: produción oral.

- C2.5.4 - Elaboración de textos orais axeitados ao nivel, con utilización correcta dos elementos da prosodia e non verbais, empregando unha linguaxe non discriminatoria e respectuosa coas diferenzas.

Bloque 2. Comunicación oral

  • C3.2 - Xéneros discursivos

- C3.2.2 - Intención comunicativa e claves da tipoloxía textual básica: narración, descrición, diálogo, exposición e argumentación.

- C3.2.4 - Estratexias elementais para a coherencia, cohesión e adecuación dos textos escritos.

- C3.2.6 - Construción do pensamento crítico a través da lingua para evitar a discriminación.

  • C3.3 - Procesos: comprensión lectora

- C3.3.2 - Estratexias de identificación e valoración do sentido global do texto, de integración da información explícita e de realización de inferencias para superar o sentido literal de textos en fontes documentais diversas en procesos de comprensión e produción de textos escritos.

- C3.3.6 - Comprensión global e específica de distintos tipos de texto atendendo á forma da mensaxe (descritivos, narrativos, dialogados , expositivos) e a súa intención comunicativa (informativos, literarios e prescritivos) desenvolvendo unha valoración crítica destes.

  • C3.4 - Procesos: produción escrita

- C3.4.1 - Elaboración de textos, con presentación coidada con intención comunicativa e creatividade.

Bloque 3. Comunicación escrita

  • C4.6 - Comunicación creativa do coñecemento, con recoñecemento da autoría e respecto pola propiedade intelectual.

Bloque 4. Alfabetización mediática e informacional

  • C6.12 - Recoñecemento das distintas clases de palabras e características do seu uso en situacións concretas de comunicación (substantivo, verbo, adxectivo, preposición, adverbio, pronomes e artigos) e utilización das regras ortográficas e de puntuación.

Bloque 6. Reflexión sobre a lingua...

Obxectivos da materia traballados especificamente neste REA 7, seguindo a programación maestra de PROENS.

Obxectivos

Descrición

OBX 3

Producir textos orais e multimodais con coherencia, claridade e rexistro adecuados para expresar ideas, sentimentos e conceptos; construír coñecemento; establecer vínculos persoais; e participar con autonomía e unha actitude cooperativa e empática en interaccións orais variadas. 

OBX 4

Comprender e interpretar textos escritos e multimodais, recoñecendo o sentido global, as ideas principais e a información explícita e implícita, e realizando con axuda reflexións elementais sobre aspectos formais e de contido, para adquirir e construír coñecemento e para responder a necesidades e intereses comunicativos diversos.

OBX 6

Buscar, seleccionar e contrastar información procedente de dúas ou máis fontes, de forma planificada e co debido acompañamento, avaliando a súa fiabilidade e recoñecendo algúns riscos de manipulación e desinformación, para transformala en coñecemento e para comunicala de maneira creativa, adoptando un punto de vista persoal e respectuoso coa propiedade intelectual.

OBX 9

Reflexionar de forma guiada sobre a linguaxe a partir de procesos de produción e comprensión de textos en contextos significativos, utilizando a terminoloxía elemental adecuada para iniciarse no desenvolvemento da conciencia lingüística e para mellorar as destrezas de produción e comprensión oral e escrita.

OBX 10

Pór as propias prácticas comunicativas ao servizo da convivencia democrática utilizando unha linguaxe non discriminatoria e detectando e rexeitando os abusos de poder a través da palabra para favorecer un uso non só eficaz senón tamén ético da linguaxe.

Competencias clave e os descritores operativos traballados no REA 7.

Competencias clave

Clave dos descritores operativos

Competencia en comunicación lingüística (CCL)

CCL1, CCL2, CCL3, CCL5

Competencia plurilingüe (CP)

CP2, CP3

Competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñaría (STEM)

STEM1, STEM2

Competencia dixital (CD)

CD1, CD2, CD3, CD4

Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA)

CPSAA3, CPSAA4, CPSAA5

Competencia cidadá (CC)

CC1, CC2, CC3

Competencia emprendedora (CE)

CE1, CE3

Competencia en conciencia e expresión culturais (CCEC)

Feito con eXeLearning (Nova xanela)