¡Nos vamos de viaje!
O REA "¡Nos vamos de viaje!" ten como finalidade que o alumnado adquira coñecementos sobre as linguas de España e sobre as características principais dos textos literarios do noso patrimonio cultural. Para iso, cada grupo deseñará un percorrido por cinco destinos dunha Comunidade Autónoma co obxectivo de facelo realidade na viaxe de final de curso.
Cada equipo terá que investigar sobre os lugares seleccionados, os seus atractivos turísticos, os restaurantes recomendados, as visitas imprescindibles e as manisfestacións artísticas propias dese lugar. Con esa información, elaborará un tríptico informativo e un vídeo explicativo para promocionar a súa proposta no resto do grupo.
Este recurso permite que o profesorado aborde cun enfoque competencial e motivador para o alumnado a diversidade lingüística como fonte de riqueza cultural. Ademais, o alumnado lerá fragmentos literarios do patrimonio nacional e seleccionará información de diferentes fontes de maneira progresivamente autónoma.
Aínda que cada docente ten a posibilidade de adaptar este recurso ás características do grupo co que traballa, é importante ter en conta que cada tarefa proposta está baseada nas fases anteriores do proxecto polo que convén respectar a coherencia global do REA.