Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Contextualización do REA na programación de materia

Os REA da materia de Lingua Castelá e Literatura de 1º da ESO están deseñados a partir da programación modelo de Proens 2022-2023, versión 1.

Lingua Castelá e Literatura é unha materia instrumental estruturada arredor de tres grandes bloques de contido: Lingua, Literatura e Texto-Comunicación. A actual división das unidades didácticas en Proens dota dun peso desigual estes contidos: 20% para Lingua, 30% para Literatura e 50% para Texto-Comunicación. Ademais, reparte ditos contidos de xeito irregular: 1º trimestre, Texto-Comunicación e Literatura; 2º trimestre, Lingua, Texto-Comunicación e Literatura e 3º trimestre, Texto-Comunicación e Literatura.

Para acadar un mellor equilibrio, o equipo de persoas elaboradoras decide trasladar a UD 4 do 2º trimestre ao 1º e a UD 2 do 1º trimestre ao 2º. Deste xeito, o peso dos contidos de Lingua estará repartido ao longo dos tres trimestres: o alumnado aprenderá as unidades lingüísticas no 1º trimestre, e no 2º e 3º poderá retroalimentarse e ter os coñecementos daquelas ao traballar co texto (unidades didácticas 5 e 7 de Proens).

Tamén se varía a temporalización nas unidades didácticas 1 e 4, mantendo a duración anual de 105 sesións.

- UD1: 9 sesións en Proens. 6 sesións para o REA.

- UD4: 18 sesións en Proens. 21 sesións para REA 4.

Este REA 1 ¡Nos vamos de viaje! é un REA para o 1º trimestre que traballa os contidos das unidades didácticas de Proens 1 e 3, deseñado para desenvolver en 16 sesións.

Relación dos REA coa programación modelo de Proens

Número de REA e título

Unidade/s didáctica/s (Proens)

Criterios de avaliación traballados

% Peso Materia (Orientación de Proens)

Temporalización

REA01: ¡Nos vamos de viaje!

UD1: A Torre de Babel

CA1.1, CA1.2, CA1.3

10%

1ºT- 16 sesións

UD3: Tu risa me hace libre

CA3.3, CA3.4, CA3.7, CA3.8, CA4.1, CA4.2, CA4.3, CA4.5, CA4.7, CA4.8

10%

REA02: El misterio de las palabras robadas

UD4: O misterio das palabras

CA2.7, CA5.1, CA5.4, CA5.5

20%

2ºT- 21 sesións

REA03: ¡No nos mires, iguálate!

UD2: Comunicando

CA2.1, CA2.2, CA2.3, CA2.8, CA3.3, CA3.5, CA3.8, CA5.1, CA5.3

10%

1ºT- 12 sesións

REA04: ¡Cuento contigo!

UD5: Cóntame un conto

CA2.1, CA2.3, CA3.1, CA3.3, CA3.4, CA3.7

10%

2ºT- 22 sesións

UD6: Viviendo una realidad capturada por las palabras

CA3.3, CA3.4, CA4.1, CA4.2, CA4.3, CA4.6, CA4.7, CA4.8

10%

REA05: Un mundo por proteger

UD7: Escribir a natureza

CA2.1, CA2.3, CA2.5, CA3.2, CA3.3, CA3.4, CA3.6, CA3.8, CA5.2, CA5.3

10%

3ºT- 12 sesións

REA06: Protege tu intimidad

UD8: Atrapados na rede

CA2.1, CA2.3, CA2.4, CA2.5, CA2.6, CA2.9, CA3.3, CA3.4, CA3.5, CA3.6

10%

3ºT- 22 sesións

UD9: Hay arroyos poetas y voces interiores

CA4.1, CA4.2, CA4.3, CA4.4, CA4.5, CA4.6, CA4.7, CA4.8

10%

Eixes da proposta didáctica

Esta proposta didáctica baséase nos seguintes eixes da materia de Lingua Castelá e Literatura de 1º de ESO:

  • Recoñecemento da diversidade lingüística de España como unha fonte de riqueza.
  • Interacción oral, escrita e audiovisual adecuadas nos distintos contextos en función do propósito comunicativo.
  • Fomento do hábito lector como fenómeno artístico e cultural.
  • Interpretación de textos literarios e non literarios (sociais e propios da vida cotiá).
  • Concienciación para a consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), concretamente o ODS 12 (produción e consumo responsables), minimizando o impacto medioambiental á hora de viaxar.

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

Tendo en conta a programación didáctica de referencia publicada en PROENS para a materia de Lingua Castelá e Literatura de 1º de ESO, este REA traballa os contidos das unidades 1 (A Torre de Babel) e 3 ("Tu risa me hace libre"), previstas para o primeiro trimestre do curso.

Por iso, este recurso céntrase fundamentalmente nos seguintes bloques de contidos:

  • Bloque 1. As linguas e os seus falantes.
  • Bloque 3. Comunicación. Expresión oral e escrita.
  • Bloque 4. Educación literaria.

Contidos

Bloque da materia

  • As linguas de España: orixe, distribución xeográfica e nocións básicas. Diferenzas entre plurilingüismo e diversidade dialectal.
  • Iniciación á reflexión interlingüística.
  • Observación da propia biografía lingüística e da diversidade lingüística do centro. As familias lingüísticas e as linguas do mundo.
  • Estratexias de identificación de prexuízos e estereotipos lingüísticos e exploración de formas de evitalos.

Bloque 1

  • Procesos de produción de textos orais, escritos e multimodais: planificación, redacción, revisión e edición en diferentes soportes. Corrección gramatical e ortográfica. Propiedade léxica. Usos da escritura para a organización do pensamento (toma de apuntamentos, esquemas, mapas conceptuais, definicións, resumos, etc).
  • Recoñecemento e uso discursivo dos elementos lingüísticos en textos orais, escritos e multimodais. Corrección lingüística e revisión ortográfica e gramatical dos textos. Uso de dicionarios, de manuais de consulta e de correctores ortográficos en soporte analóxico ou dixital.
  • Utilización dos signos básicos de puntuación como mecanismo organizador do texto escrito. A súa relación co significado.

Bloque 3

  • Lectura autónoma. Implicación na lectura de obras de xeito progresivamente autónomo a partir dunha preselección de textos variados que inclúan obras de autoras e autores e reflexión sobre os textos lidos e sobre a propia práctica da lectura apoiada en paradigmas.
  • Criterios e estratexias para a selección de obras variadas de forma orientada a partir da exploración guiada da biblioteca escolar e pública dispoñible. Participación activa en actos culturais vinculados co circuíto literario e lector.
  • Expresión da experiencia lectora co apoio de exemplos e utilizando progresivamente unha metalinguaxe específica. Apropiación dos textos lidos a través de distintas formas de recreación.
  • Mobilización da experiencia persoal e lectora como forma de establecer vínculos entre a obra lida e aspectos da actualidade, así como con outros textos e manifestacións artísticas e culturais.
  • Estratexias para a recomendación de lecturas en soportes variados ou ben oralmente entre iguais.
  • Lectura guiada. Lectura de obras e fragmentos relevantes da literatura xuvenil contemporánea e do patrimonio literario universal, inscritas en itinerarios temáticos ou de xénero que atravesan épocas, contextos culturais e movementos artísticos.
  • Estratexias para a construción compartida da interpretación das obras a través das conversas literarias, coa incorporación progresiva da metalinguaxe específica.
  • Relación entre os elementos constitutivos do xénero literario e a construción do sentido da obra. Análise básica do valor dos recursos expresivos e dos seus efectos na recepción.
  • Relación e comparación dos textos lidos con outros textos e con outras manifestacións artísticas e culturais en función dos temas, tópicos, estruturas e linguaxes.
  • Expresión pautada, a través de procesos e soportes diversificados, da interpretación e valoración persoal de obras e fragmentos literarios.
  • Lectura con perspectiva de xénero. Visibilización do universo literario feminino.
  • Lectura expresiva, dramatización e recitación dos textos, conforme aos procesos de comprensión, apropiación e oralidade implicados.
  • Creación de textos partindo da apropiación das convencións da linguaxe literaria e consonte a paradigmas dados (imitación, transformación, continuación etc.).

Bloque 4

Os obxectivos da materia nos que se centra especificamente este REA son os seguintes:

Obxectivos

Descrición

OBX1

Describir e apreciar a diversidade lingüística do mundo a partir do recoñecemento das linguas do alumnado e da realidade plurilingüe e pluricultural de España, analizando a orixe e o desenvolvemento sociohistórico das súas linguas e as características das principais variedades dialectais do español, para favorecer a reflexión interlingüística, combater os estereotipos e prexuízos lingüísticos e valorar esta diversidade como fonte de riqueza cultural.

OBX3

Producir textos orais e multimodais con coherencia e fluidez e co rexistro adecuado atendendo ás convencións propias dos diferentes xéneros discursivos e participar en interaccións orais cunha actitude cooperativa e respectuosa, tanto para construír coñecemento e establecer vínculos persoais coma para intervir de maneira activa e informada en diferentes contextos sociais.

OBX4

Comprender, interpretar e valorar textos escritos, con sentido crítico e diferentes propósitos de lectura, recoñecendo o sentido global e as ideas principais e secundarias, identificando a intención do emisor, reflexionando sobre o contido e a forma e avaliando a súa calidade e fiabilidade para dar resposta a necesidades e intereses comunicativos diversos e para construír coñecemento.

OBX5

Producir textos escritos e multimodais coherentes, cohesionados, adecuados e correctos atendendo ás convencións propias do xénero discursivo elixido, para construír coñecemento e para dar resposta de maneira informada, eficaz e creativa a demandas comunicativas concretas.

OBX7

Seleccionar e ler de maneira autónoma obras diversas como fonte de pracer e coñecemento, configurando un itinerario lector que evolucione en canto á diversidade, complexidade e calidade das obras e compartir experiencias de lectura para construír a propia identidade lectora e gozar da dimensión social da lectura.

OBX8

Ler, interpretar e valorar obras ou fragmentos literarios do patrimonio nacional e universal, utilizando unha metalinguaxe específica e mobilizando a experiencia biográfica e os coñecementos literarios e culturais que permiten establecer vínculos entre textos diversos e con outras manifestacións artísticas, para conformar un mapa cultural, ampliar as posibilidades de gozo da literatura e crear textos de intención literaria.

OBX9

Mobilizar o coñecemento sobre a estrutura da lingua e os seus usos e reflexionar de maneira progresivamente autónoma sobre as eleccións lingüísticas e discursivas, coa terminoloxía adecuada, para desenvolver a conciencia lingüística, aumentar o repertorio comunicativo e mellorar as destrezas tanto de produción oral e escrita como de recepción crítica.

OBX10

Pór as propias prácticas comunicativas ao servizo da convivencia democrática, da resolución dialogada dos conflitos e da igualdade de dereitos de todas as persoas, utilizando unha linguaxe non discriminatoria e desterrando os abusos de poder a través da palabra para favorecer un uso non só eficaz, senón tamén ético e democrático, da linguaxe.

As competencias clave e os descritores operativos traballados son os seguintes:

Competencias clave

Clave dos descritores operativos

Competencia en comunicación lingüística (CCL)

CCL1, CCL2, CCL3, CCL5

Competencia plurilingüe (CP)

CP2, CP3

Competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñería (STEM)

STEM1, STEM4

Competencia dixital (CD)

CD1, CD2, CD3

Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA)

CPSAA1

Competencia cidadá (CC)

CC1, CC2

Competencia emprendedora (CE)

CE1

Competencia en conciencia e expresións culturais (CCEC)

CCEC1, CCEC3

Feito con eXeLearning (Nova xanela)