Orientacións e recomendacións de uso
Recursos materiais necesarios
Neste REA están incluídos os materiais necesarios para o seu desenvolvemento. Facilítanse tanto en formato pdf como en formato editable, para que o profesorado que así o desexe poida modificalos ou adaptalos.
Ademais, o alumnado precisará ordenador con conexión a internet, unha gravadora (que pode ser un teléfono móbil) e acceder a aplicacións dixitais da súa elección para a elaboración das infografías, do tríptico informativo e do vídeo explicativo.
Proposta de agrupamentos para actividades grupais
Para a realización do reto, recoméndase que o profesorado deseñe grupos heteroxéneos de 4 persoas en función das súas capacidades diversas, para que cada quen poida desenvolver o seu máximo potencial. Ademais de aumentar a súa propia autonomía persoal, co traballo cooperativo o alumnado realizará prácticas comunicativas para acadar consensos e lograr a resolución dialogada de conflitos.
Dentro dun mesmo grupo, haberá diferentes roles: persoa coordinadora, persoa voceira, persoa redactora, persoa investigadora. Co obxectivo de que todo alumnado mellore as súas destrezas, aconséllase que estes roles roten en cada tarefa.
As actividades individuais están deseñadas para que o alumnado consolide os contidos teóricos. Estas tarefas facilitarán que o alumnado reforce os coñecementos necesarios para abordar con éxito a elaboración do produto final.
Produtos finais
É fundamental que o alumnado coñeza con claridade o proxecto desde o principio. Unha presentación motivadora mellora a implicación do alumnado porque sabe que debe facer e con que obxectivo traballa. Neste caso, os produtos finais esperados son os seguintes:
- Tríptico informativo. Antes de comezar a súa elaboración, convén revisar co alumnado a rúbrica de avaliación e promover tanto a autoavaliación como a coavaliación das propostas.
- Vídeo explicativo da proposta completa da viaxe.
A presentación da proposta do grupo permitirá mellorar as destrezas en expresión oral do alumnado.
Enfoque multinivel do reto
O enfoque multinivel permite que todo o alumnado, independentemente do seu punto de partida, sexa quen de aprender de maneira progresiva a partir dunha variedade de recursos que proporcione oportunidades para aprender atendendo a diferentes niveis de dificultade.
Por iso, indícanse a continuación tres niveis de dificultade para cada reto:
|
Nivel de dificultade |
Tríptico informativo |
Vídeo explicativo |
|---|---|---|
|
Nivel 1. Básico |
|
|
|
Nivel 2. Intermedio |
|
|
|
Nivel 3. Avanzado |
|
|