Criterios de avaliación e mínimos de consecución
|
Códigos CA: descrición dos criterios de avaliación |
Mínimos de consecución |
Instrumentos de avaliación |
Unidade didáctica (Proens) |
% (Orientación de Proens) |
|---|---|---|---|---|
|
CA1.1 - Recoñecer as linguas oficiais de España e as variedades dialectais do español, con atención especial ao galego e ao castelán, identificando as nocións básicas das linguas, tanto de España como as que forman os repertorios lingüísticos do alumnado, e contrastando algúns do seus trazos en manifestacións orais, escritas e multimodais. |
Diferenciar as linguas oficiais de España e comparar os trazos característicos básicos do galego e do castelán. |
PE (non incluída no REA) |
1 |
45 |
|
CA1.2 - Identificar prexuízos e estereotipos lingüísticos adoptando unha actitude de respecto e valoración da riqueza cultural, lingüística e dialectal, a partir da observación da diversidade lingüística da contorna. |
Valorar a riqueza cultural que supón a diversidade lingüística e actuar de forma respectuosa coas diferentes linguas e dialectos. |
TI _ Rúbrica Sociolingüística |
1 |
25 |
|
CA1.3 - Identificar e evitar os usos discriminatorios da lingua e a manipulación a través da palabra, a partir da reflexión e da análise dos elementos lingüísticos, textuais e discursivos utilizados, así como dos elementos non verbais que rexen a comunicación entre as persoas. |
Evitar os prexuízos e estereotipos lingüísticos e identificar, como mínimo, os elementos verbais que resulten discriminatorios. |
TI _ Rúbrica Sociolingüística TI _ Rúbrica expresión escrita |
1 |
30 |
|
CA3.3 - Planificar a redacción de textos escritos e multimodais sinxelos, atendendo á situación comunicativa, ao destinatario, ao propósito e á canle; redactar borradores e revisalos coa axuda do diálogo entre iguais e instrumentos de consulta e presentar un texto final coherente, cohesionado e co rexistro adecuado. |
Producir textos utilizando o rexistro adecuado e presentando as ideas de maneira coherente e cohesionada. |
TI _ Rúbrica expresión escrita TI _ Rúbrica vídeo |
3 |
10 |
|
CA3.4 - Incorporar procedementos básicos para enriquecer os textos, segundo os aspectos discursivos, lingüísticos e de estilo, procurando a precisión léxica e a corrección ortográfica e gramatical. |
Amosar vontade de estilo na creación do tríptico. |
TI _ Rúbrica tríptico TI_ expresión oral |
3 |
10 |
|
CA3.7 - Revisar os textos propios de maneira guiada e facer propostas de mellora argumentado as mudanzas a partir da reflexión metalingüística e interlingüística e cunha metalinguaxe específica, consultando de forma progresivamente autónoma dicionarios, manuais e gramáticas. |
Detectar nos textos propios os erros formais (ortografía e signos de puntuación) e subsanar as incoherencias. |
TI _ Rúbrica expresión escrita |
3 |
10 |
|
CA3.8 - Utilizar estratexias para a resolución dialogada dos conflitos e para a procura de consensos, abarcando tanto o ámbito persoal coma o educativo e o social. |
Respectar a quenda de palabra, expoñer de forma concreta os problemas detectados e esforzarse por suxerir todas as alternativas de solución posibles. |
TI _ Rúbrica expresión escrita TI_Táboa de observación votación |
3 |
10 |
|
CA4.1 - Participar de xeito activo e adecuado en interaccións orais informais con relación a obras literarias no traballo en equipo e mais en situacións orais formais de carácter dialogado (como actos culturais vinculados co circuíto literario e co lector), mantendo actitudes de escoita activa e estratexias de cooperación coloquial e cortesía lingüística. |
Realizar unha escoita activa, respectar as opinións alleas e expor con claridade as achegas. |
TI _ Rúbrica expresión oral |
3 |
10 |
|
CA4.2 - Comprender e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor en textos literarios escritos e multimodais sinxelos, respondendo a diferentes propósitos de lectura. |
Captar a idea principal e a información máis relevante dos textos literarios escritos. |
PE (non incluída no REA) |
3 |
10 |
|
CA4.3 - Valorar a forma e o contido de textos literarios sinxelos avaliando a súa calidade e a eficacia dos procedementos comunicativos empregados. |
Localizar en textos literarios sinxelos os principais recursos expresivos e valorar o seu efecto sobre o receptor. |
PE (non incluída no REA) |
3 |
10 |
|
CA4.5 - Compartir a experiencia da lectura en soportes diversos relacionando o sentido da obra coa propia experiencia biográfica e lectora. |
Establecer conexións entre as obras, o seu contexto e outras expresións culturais próximas. |
TI _ Rúbrica expresión escrita |
3 |
10 |
|
CA4.7 - Establecer, de xeito guiado, vínculos argumentados entre os textos lidos e outros textos escritos, orais ou multimodais, así como con outras manifestacións artísticas e culturais en función de temas, tópicos, estruturas, linguaxe e valores éticos e estéticos, mostrando a implicación e a resposta persoal do alumnado na lectura. |
Relacionar os textos polo emprego común de temas, estruturas ou códigos de comunicación. |
PE (non incluída no REA) |
3 |
10 |
|
CA4.8 - Crear textos persoais ou colectivos con intención literaria e conciencia de estilo en distintos soportes e con axuda doutras linguaxes artísticas e audiovisuais, partindo da lectura de obras ou anacos significativos en que se empreguen as convencións formais dos diversos xéneros e estilos literarios. |
Producir textos de intención literaria usando os recursos expresivos aprendidos. |
PE (non incluída no REA) |
3 |
10 |
| Lenda: %: Peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: Proba escrita, TI: Táboa de indicadores | ||||