Saltar navegación

2.3. Metodoloxía

Metodoloxía

Banner proxecto cREAgal

Este REA forma parte do proxecto cREAgal e, desde o punto de vista metodolóxico, é un recurso que procura o traballo cooperativo do alumnado na aula.

Na liña das concrecións metodolóxicas recollidas en PROENS, con este REA, preténdese acadar unha aprendizaxe significativa das linguas de España partindo da realidade máis próxima e motivadora para o alumnado: a organización dunha excursión co grupo.

Neste proceso de toma de decisións responsables, o alumnado será o protagonista da súa propia aprendizaxe e tamén adquirirá competencias básicas para viaxar no século XXI.

Dado o seu carácter eminentemente práctico e o seu enfoque competencial, priorízase o traballo en pequeno grupo na aula, aínda que nalgunhas actividades se combina co traballo individual. Entre os principios metodolóxicos aplicados, destacan os seguintes:

  • Deseño Universal de Aprendizaxe (DUA) mediante o uso de metodoloxías variadas e tarefas multinivel que teñen en conta os diferentes ritmos de aprendizaxe e a diversidade do alumnado.
  • Aprendizaxe baseada en retos (ABR). O alumnado debe resolver o desafío de organizar a excursión de final de curso cun presuposto limitado e tendo en conta todos os aspectos: documentación, transporte, aloxamento, manutención, actividades, lugares emblemáticos...
  • Aprendizaxe cooperativa. Favorécese o traballo en pequenos grupos para mellorar o grao de desenvolvemento das competencias clave mediante a colaboración entre iguais.
  • Aprender facendo (learning by doing). O alumnado desenvolverá a súa competencia dixital na elaboración do tríptico informativo e na creación do vídeo explicativo, perfeccionará a busca de información na rede e mellorará a súa expresión escrita partindo das pautas dadas.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)