Un mundo por proteger: guía de uso
Con este REA pretendemos ofrecerlle ó profesorado unha proposta motivadora que dea resposta á diversidade das nosas aulas. O recurso está estruturado en cinco bloques elaborados segundo o DUA que dispón de diferentes formatos de información e niveis de execución de actividades, tentando chegar ó maior número de realidades individuais do alumnado.
En canto ó traballo coa materia pártese dunha exposición clara e ordenada dos contidos cunha linguaxe cercana que se adapte á capacidade de comprensión do alumnado e que contribúa, ó mesmo tempo, a mellorar a súa competencia en expresión oral e escrita. Así, todas as fases do recurso contan cun glosario que facilita a comprensión do alumnado. Ao mesmo tempo a proposta metodolóxica ofrece unha selección de textos de literatura universal que serven como punto de partida para comentar o seu contido e para exemplificar os fenómenos lingüísticos, textuais e literarios que se están a traballar. A partir destes fragmentos textuais búscase dotar ó alumnado de pautas claras sobre a elaboración de textos, para que poidan resolver o reto correctamente.
Ao tratarse dun recurso educativo aberto, existe posibilidade de modificalo e adaptalo á singularidade de cada aula.