Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Contextualización do REA na programación de materia

Os REA da materia de Lingua Castelá e Literatura de 1º da ESO están deseñados a partir da programación modelo de Proens 2022-2023, versión 1.

Lingua Castelá e Literatura é unha materia instrumental estruturada arredor de tres grandes bloques de contido: Lingua, Literatura e Texto-Comunicación. A actual división das unidades didácticas en Proens dota dun peso desigual estes contidos: 20% para Lingua, 30% para Literatura e 50% para Texto-Comunicación. Ademais, reparte ditos contidos de xeito irregular: 1º trimestre, Texto-Comunicación e Literatura; 2º trimestre, Lingua, Texto-Comunicación e Literatura e 3º trimestre, Texto-Comunicación e Literatura.

Para acadar un mellor equilibrio, o equipo de persoas elaboradoras decide trasladar a UD 4 do 2º trimestre ao 1º e a UD 2 do 1º trimestre ao 2º. Deste xeito, o peso dos contidos de Lingua estará repartido ao longo dos tres trimestres: o alumnado aprenderá as unidades lingüísticas no 1º trimestre, e no 2º e 3º poderá retroalimentarse e ter os coñecementos daquelas ao traballar co texto (unidades didácticas 5 e 7 de Proens).

Tamén se varía a temporalización nas unidades didácticas 1 e 4, mantendo a duración anual de 105 sesións.

- UD1: 9 sesións en Proens. 6 sesións para o REA.

- UD4: 18 sesións en Proens. 21 sesións para REA 4.

Este REA 5 "Un mundo por proteger" é un REA para o 3º trimestre que traballa os contidos da unidade didáctica 7 de Proens, deseñado para desenvolver en 12 sesións.

Relación dos REA coa programación modelo de Proens

Número de REA e título

Unidade/s didáctica/s (Proens)

Criterios de avaliación traballados

% Peso Materia (Orientación de Proens)

Temporalización

REA01: ¡Nos vamos de viaje!

UD1: A Torre de Babel

CA1.1, CA1.2, CA1.3

10%

1ºT- 16 sesións

UD3: Tu risa me hace libre

CA3.3, CA3.4, CA3.7, CA3.8, CA4.1, CA4.2, CA4.3, CA4.5, CA4.7, CA4.8

10%

REA02: El misterio de las palabras robadas

UD4: O misterio das palabras

CA2.7, CA5.1, CA5.4, CA5.5

20%

2ºT- 21 sesións

REA03: ¡No nos mires, iguálate!

UD2: Comunicando

CA2.1, CA2.2, CA2.3, CA2.8, CA3.3, CA3.5, CA3.8, CA5.1, CA5.3

10%

1ºT- 12 sesións

REA04: ¡Cuento contigo!

UD5: Cóntame un conto

CA2.1, CA2.3, CA3.1, CA3.3, CA3.4, CA3.7

10%

2ºT- 22 sesións

UD6: Viviendo una realidad capturada por las palabras

CA3.3, CA3.4, CA4.1, CA4.2, CA4.3, CA4.6, CA4.7, CA4.8

10%

REA05: Un mundo por proteger

UD7: Escribir a natureza

CA2.1, CA2.3, CA2.5, CA3.2, CA3.3, CA3.4, CA3.6, CA3.8, CA5.2, CA5.3

10%

3ºT- 12 sesións

REA06: Protege tu intimidad

UD8: Atrapados na rede

CA2.1, CA2.3, CA2.4, CA2.5, CA2.6, CA2.9, CA3.3, CA3.4, CA3.5, CA3.6

10%

3ºT- 22 sesións

UD9: Hay arroyos poetas y voces interiores

CA4.1, CA4.2, CA4.3, CA4.4, CA4.5, CA4.6, CA4.7, CA4.8

10%

Eixes da proposta didáctica

Esta proposta didáctica entronca cos eixes da materia "Lingua Castelá e Literatura" de 1º de ESO:

  • Interacción oral, escrita e audiovisual adecuadas nos distintos ámbitos e contextos e en función de diferentes propósitos comunicativos.
  • Fomento do hábito lector.
  • Fomento da interpretación de textos literarios e non literarios (académicos, sociais e propios da vida cotiá).
  • Fomento da apropiación dun patrimonio cultural.
  • Reflexión explícita sobre o funcionamento da lingua, desenvolvemento da conciencia lingüística e mellora dos procesos de expresión, comprensión e recepción crítica de textos de diferentes ámbitos.

Así mesmo este recurso educativo contribúe á consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS) e á súa conexión co mundo real, en concreto ó ODS 3 (saúde e benestar), fomentando a relación coa natureza como fonte de benestar emocional; ó ODS4 (educación de calidade) potenciando a adquisición de coñecementos teóricos e prácticos precisos para promover a educación inclusiva e equitativa; e ós ODS14 (vida submarina) e ODS15 (vida de ecosistemas terrestres) concienciando da importancia do medio ambiente para os seres vivos que habitan nel.

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

En relación coa programación didáctica de referencia publicada no Proens para a materia de "Lingua Castelá e Literatura" de 1º de ESO, este REA contextualízase na unidade 7 "Escribir a natureza", que atópase no terceiro trimestre. Dada a súa situación temporal, o alumnado deberá aplicar os coñecementos e destrezas relacionadas coas categorías gramaticais, tipoloxía textual e recursos literarios que xa foron traballados ao longo do curso.

O recurso englóbase nos seguintes bloques de contidos:

  • Bloque 2: Comunicación: comprensión oral e escrita.
  • Bloque 3: Comunicación: expresión oral e escrita.
  • Bloque 5: Reflexión sobre a lingua.

Os contidos que se detallan a continuación vertébranse principalmente arredor da recepción, comprensión e análise de textos descritivos alleos e na produción, revisión e edición de textos descritivos propios.

A continuación preséntanse os contidos específicos do REA en relación cos bloques xerais da materia.

Contidos

Bloque da materia

  • Contexto vinculado ás estratexias de comprensión e análise crítica de textos orais, escritos e multimodais de diferentes ámbitos.
  • Xéneros discursivos desde o punto de vista da comprensión e da análise crítica de textos orais, escritos e multimodais.
  • Comprensión e análise critica de secuencias textuais básicas, con especial atención ás narrativas e descritivas.
  • Xéneros discursivos propios do ámbito persoal: a conversa.
  • Procesos de comprensión e análise crítica de textos orais, escritos e multimodais.
  • Comprensión oral: sentido global do texto e relación entre as súas partes, selección e retención da información relevante.
  • Comprensión lectora: sentido global do texto e relación entre as súas partes. A intención do emisor. Detección de usos discriminatorios da linguaxe verbal e icónica.
  • Recoñecemento dos elementos lingüísticos en textos orais, escritos e multimodais.
  • Uso de dicionarios, de manuais de consulta e de correctores ortográficos en soporte analóxico ou dixital.
  • Os signos básicos de puntuación como mecanismo organizador do texto escrito. A súa relación co significado.

Bloque 2

  • Contexto vinculado ás estratexias de produción de textos orais, escritos e multimodais de diferentes ámbitos.
  • Xéneros discursivos desde o punto de vista da produción de textos orais, escritos e multimodais.
  • Creación de secuencias textuais básicas, con especial atención ás narrativas e descritivas.
  • Procesos de produción de textos orais, escritos e multimodais.
  • Interacción oral e escrita de carácter informal: tomar e deixar a palabra. Cooperación coloquial e cortesía lingüística. Escoita activa, firmeza no discurso e resolución dialogada dos conflitos.
  • Produción oral formal: planificación e procura de información, creación e revisión. Adecuación á audiencia e ao tempo de exposición. Elementos non verbais. Trazos discursivos e lingüísticos da oralidade formal.
  • Produción escrita: planificación, redacción, revisión e edición en diferentes soportes. Corrección gramatical e ortográfica. Propiedade léxica. Usos da escritura para a organización do pensamento: toma de apuntamentos, esquemas, mapas conceptuais, definicións, resumos, etc.
  • Recoñecemento e uso discursivo dos elementos lingüísticos en textos orais, escritos e multimodais.
  • Corrección lingüística e revisión ortográfica e gramatical dos textos. Uso de dicionarios, de manuais de consulta e de correctores ortográficos en soporte analóxico ou dixital.
  • Utilización dos signos básicos de puntuación como mecanismo organizador do texto escrito. A súa relación co significado.

Bloque 3

  • Elaboración de conclusións propias sobre o funcionamento do sistema lingüístico cunha linguaxe específica a partir da observación, comparación e clasificación das unidades comunicativas e do contraste entre linguas. 
  • Aproximación á lingua como sistema e ás súas unidades básicas tendo en conta os diferentes niveis: o son e o sistema de escritura, as palabras (forma e significado) e a súa organización no discurso (orde das palabras, compoñentes das oracións ou conexión entre os significados).

Bloque 5

Este recurso céntrase especificamente nos seguintes obxectivos da materia:

Obxectivos

Descrición

OBX2

Comprender e interpretar textos orais e multimodais recollendo o sentido xeral e a información máis relevante, identificando o punto de vista e a intención do emisor e valorando a súa fiabilidade, a súa forma e o seu contido, para construír coñecemento, formarse unha opinión e ampliar as posibilidades de gozo e de lecer.

OBX3

Producir textos orais e multimodais con coherencia e fluidez e co rexistro adecuado atendendo ás convencións propias dos diferentes xéneros discursivos e participar en interaccións orais cunha actitude cooperativa e respectuosa, tanto para construír coñecemento e establecer vínculos persoais como para intervir de maneira activa e informada en diferentes contextos sociais. 

OBX4

Comprender, interpretar e valorar textos escritos, con sentido crítico e diferentes propósitos de lectura, recoñecendo o sentido global e as ideas principais e secundarias, identificando a intención do emisor, reflexionando sobre o contido e a forma e avaliando a súa calidade e fiabilidade para dar resposta a necesidades e intereses comunicativos diversos e para construír coñecemento.

OBX5

Producir textos escritos e multimodais coherentes, cohesionados, adecuados e correctos atendendo ás convencións propias do xénero discursivo elixido, para construír coñecemento e para dar resposta de maneira informada, eficaz e creativa a demandas comunicativas concretas.

OBX6

Seleccionar e contrastar información procedente de diferentes fontes de maneira progresivamente autónoma, avaliando a súa fiabilidade e pertinencia en función dos obxectivos de lectura e evitando os riscos de manipulación e desinformación e integrala e transformala en coñecemento para comunicala desde un punto de vista crítico e persoal e, ao mesmo tempo, respectuoso coa propiedade intelectual.

OBX9

Mobilizar o coñecemento sobre a estrutura da lingua e os seus usos e reflexionar de maneira progresivamente autónoma sobre as eleccións lingüísticas e discursivas, coa terminoloxía adecuada, para desenvolver a conciencia lingüística, aumentar o repertorio comunicativo e mellorar as destrezas tanto de produción oral e escrita como de recepción crítica.

OBX10

Pór as propias prácticas comunicativas ao servizo da convivencia democrática, da resolución dialogada dos conflitos e da igualdade de dereitos de todas as persoas, utilizando unha linguaxe non discriminatoria e desterrando os abusos de poder a través da palabra para favorecer un uso non só eficaz, senón tamén ético e democrático, da linguaxe.

A continuación inclúense os descritores das competencias clave estipuladas pola normativa traballadas neste recurso.

Competencias clave

Clave dos descritores operativos

Competencia en comunicación lingüística (CCL)

CCL1, CCL2, CCL3, CCL5

Competencia plurilingüe (CP)

CP2

Competencia persoal, social e de aprender a a aprender (CPSAA)

CPSAA4, CPSAA5

Competencia dixital (CD)

CD1, CD2, CD3

Competencia emprendedora (CE)

CE1, CE3

Competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e inxeñería (STEM)

STEM1

Competencia cidadá (CC)

CC2, CC3, CC4

Feito con eXeLearning (Nova xanela)