Saltar navegación

2.1. Criterios e instrumentos de avaliación

Criterios de avaliación e mínimos de consecución

Códigos CA: descrición dos criterios de avaliación  Mínimos de consecución Instrumentos de avaliación

Unidade didáctica (Proens)

% (Orientación de Proens)
CA2.3 Comprender e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor en textos escritos e multimodais sinxelos de diferentes ámbitos que respondan a diferentes propósitos de lectura, realizando as inferencias precisas. O alumnado terá que responder a preguntas precisas sobre o sentido global, a intención do emisor, a estrutura do texto descritivo e a súa información máis importante. PE (non incluída no REA) 7 35%
CA3.3 Planificar a redacción de textos escritos e multimodais sinxelos, atendendo á situación comunicativa, ao destinatario, ao propósito e á canle; redactar borradores e revisalos coa axuda do diálogo entre iguais e instrumentos de consulta e presentar un texto final coherente, cohesionado e co rexistro adecuado. As alumnas e os alumnos terán que elaborar borradores e presentar textos descritivos escritos nos que representen de maneira organizada o aspecto dunha persoa, planta, animal, paisaxe ou obxecto.
CA3.6 Elaborar traballos de investigación de
maneira guiada en diferentes soportes sobre diversos temas de interese académico, persoal ou social partindo da información seleccionada.
No herbario avaliarase a adecuación (rexistro), o respecto polas convencións da tipoloxía textual descritiva, a ortografía, a presentación, a elección correcta do léxico e a organización das ideas.
CA2.1 Comprender o sentido global, a estrutura, a información máis relevante en función das necesidades comunicativas e a intención do emisor en textos orais e multimodais sinxelos de diferentes ámbitos, analizando a interacción entre os distintos códigos. O alumnado deberá ser capaz, como mínimo, de captar a idea principal e a información máis relevante dos textos descritivos orais e multimodais. TI 7 65%
CA2.5 Adoptar hábitos de uso crítico, seguro, sostible e saudable das tecnoloxías dixitais con relación á procura e á comunicación da información. Para a elaboración do herbario, o alumnado deberá ser capaz de valorar a fiabilidade das fontes nas que se documenta sobre a información técnica das flores e das plantas.
CA3.2 Participar en interaccións orais informais, no traballo en equipo e mais en situacións orais formais de carácter dialogado de xeito activo e adecuado, con actitudes de escoita activa e empregando estratexias de cooperación conversadora e cortesía lingüística. Todo o alumnado deberá participar activamente nas distintas fases de elaboración do herbario: selección das flores e plantas, procura de información técnica e elaboración da descrición.
CA3.4 Incorporar procedementos básicos para enriquecer os textos, segundo os aspectos discursivos, lingüísticos e de estilo, procurando a precisión léxica e a corrección ortográfica e gramatical. No casos dos textos descritivos, o alumnado ten que revisar con especial atención o uso correcto, adecuado e preciso de substantivos e adxectivos. 
CA3.8 Utilizar estratexias para a resolución dialogada dos conflitos e para a procura de consensos, abarcando tanto o ámbito persoal coma o educativo e o social. É imprescindible que o alumnado participe nas actividades en grupo con actitudes de respecto e tolerancia. 
CA5.2 Localizar, seleccionar e contrastar información de maneira guiada procedente de diferentes fontes calibrando a súa fiabilidade e pertinencia en función dos obxectivos de lectura e adoptando un punto de vista crítico e de respecto aos principios de propiedade intelectual. Na elaboración do herbario, o alumnado ten que aplicar correctamente os coñecementos previos, discriminar a información útil, organizala de forma crítica e presentala cunha perspectiva persoal.
CA5.3 Revisar os textos propios de maneira guiada e facer propostas de mellora argumentado as mudanzas a partir da reflexión metalingüística e interlingüística e cunha metalinguaxe específica, así como identificar e solucionar algúns problemas de comprensión lectora utilizando os coñecementos explícitos sobre a lingua e o seu uso. Na elaboración dos textos descritivos, o alumnado deberá aplicar os coñecementos adquiridos sobre substantivos e adxectivos para revisar as creacións propias e solucionar problemas de comprensión.
Lenda%: Peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: Proba escrita, TI: Táboa de indicadores 

Actividades e instrumentos empregados no REA

Criterios de avaliación Actividades ou exercicios/ Seccións do REA Instrumentos empregados
CA2.3 Comprender e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor en textos escritos e multimodais sinxelos
de diferentes ámbitos que respondan a diferentes
propósitos de lectura, realizando as inferencias precisas.

     Avaliable con PE non incluída no REA.

  1. Sección 2: actividade grupal "Comprobamos nuestra comprensión"
  2. Sección 2.1: actividade individual "Elige verdadero o falso"
  3. Sección 3.1: actividade individual "Tipos de descripciones: verdadero o falso"
  4. Sección 3.1: actividade individual "Tipos de descripciones: completa los huecos"
  5. Sección 3.1: actividade individual "Tipos de descripciones: rosco"
  6. Sección 3.2: actividade individual "Aprendemos a aprender"
  7. Sección 3.2: actividade individual "Detecta los adjetivos valorativos".
  8. Sección 3.2: actividade individual "Figuras literarias de la descripción"
  9.  Sección 4: actividade individual "Ejercita los pasos para la descripción"

1. Observación directa.

2. Retroalimentación.

3. Retroalimentación.

4. Retroalimentación.

5. Retroalimentación.

6. Observación directa.

7. Retroalimentación.

8. Retroalimentación.

9. Observación directa.

CA3.3 Planificar a redacción de textos escritos e multimodais sinxelos, atendendo á situación
comunicativa, ao destinatario, ao propósito e á canle; redactar borradores e revisalos coa axuda do diálogo entre iguais e instrumentos de consulta e presentar un texto final coherente, cohesionado e co
rexistro adecuado.

Avaliable con PE non incluída no REA.

Reto final

Rúbrica do reto.

Coavaliación coa rúbrica de avaliación dos traballos finais.

CA3.6 Elaborar traballos de investigación de maneira guiada en diferentes soportes sobre
diversos temas de interese académico, persoal ou social partindo da información seleccionada.

Avaliable con PE non incluída no REA.

Reto final

Rúbrica do reto.

Coavaliación coa rúbrica de avaliación dos traballos finais.

CA2.1 Comprender o sentido global, a estrutura, a información máis relevante en función das
necesidades comunicativas e a intención do emisor en textos orais e multimodais sinxelos de diferentes ámbitos, analizando a interacción entre os distintos
códigos. 

Sección 2: actividade grupal "Otros textos nos hablan de los árboles"

Observación directa

CA2.5 Adoptar hábitos de uso crítico, seguro, sostible e saudable das tecnoloxías dixitais con relación á procura e á comunicación da información. Reto final Rúbrica do reto
CA3.2 Participar en interaccións orais informais, no traballo en equipo e mais en situacións orais formais de carácter dialogado de xeito activo e adecuado, con actitudes de escoita activa e empregando estratexias de cooperación conversadora e cortesía lingüística. Reto final

Observación directa.

Coavaliación coa rúbrica do traballo en equipo.

Coavaliación coa rúbrica de avaliación dos traballos finais.

CA3.4 Incorporar procedementos básicos para enriquecer os textos, segundo os aspectos
discursivos, lingüísticos e de estilo, procurando a precisión léxica e a corrección ortográfica e gramatical.

1. Sección 3.2: actividade grupal "Practicamos".

2. Reto final.

1. Coavaliación.

2. Rúbrica do reto e  coavaliación coa rúbrica de avaliación dos traballos finais.

CA3.8 Utilizar estratexias para a resolución dialogada dos conflitos e para a procura de
consensos, abarcando tanto o ámbito persoal coma o
educativo e o social.
Reto final

Observación directa e coavaliación coa rúbrica do traballo en equipo.

CA5.2 Localizar, seleccionar e contrastar información de maneira guiada procedente de
diferentes fontes calibrando a súa fiabilidade e pertinencia en función dos obxectivos de lectura e adoptando un punto de vista crítico e de respecto aos principios de propiedade intelectual.
Reto final Rúbrica do reto
CA5.3 Revisar os textos propios de maneira guiada e facer propostas de mellora argumentado as mudanzas a partir da reflexión metalingüística e interlingüística e cunha metalinguaxe específica, así
como identificar e solucionar algúns problemas de comprensión lectora utilizando os coñecementos explícitos sobre a lingua e o seu uso.
  1. Sección 2.1: actividade individual "Comprueba tu memoria".
  2. Sección 2.1: actividade individual "Ponte a prueba".
  3. Sección 2.2: actividades interactivas multinivel ("Clasifica", "Elige", "Verdadero o falso").
  4. Sección 3.2: actividade individual "En busca de los adjetivos".
  5. Sección 3.2. actividades multinivel "Practicamos ortografía" ("Completa", "Selecciona", "Adivina").

1. Retroalimentación.

2. Retroalimentación.

3. Retroalimentación.

4. Observación directa.

5. Retroalimentación.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)