Saltar navegación

2.3. Metodoloxía

Metodoloxía

Banner proxecto cREAgal

Este REA forma parte do proxecto pedagóxico cREAgal. O seu enfoque desenvolve as aprendizaxes de xeito gradual e progresivo para facilitar ao alumnado a consecución dos obxectivos da materia e da etapa. A intervención educativa segue os seguintes principios metodolóxicos:

  • Aprendizaxe significativa, funcional e aplicable á realidade máis próxima do alumnado.
  • Aprendizaxe personalizada que busca conectar con vivencias particulares de alumnado e propón tarefas multinivel para dar acollida ós diferentes ritmos e estilos de aprendizaxe.
  • Aprendizaxe baseada en reto (ABR): método activo que apóiase fundamentalmente na dimensión investigadora do alumnado e na toma de decisións responsables, asentadas no pensamento crítico e reflexivo, a través da elaboración de actividades que precisen dun proceso de descubrimento e análise progresivamente autónomos.
  • Titoría entre iguais e aprendizaxe cooperativa: fomenta o traballo en parellas e pequenos grupos heteroxéneos ao longo da resolución do reto, mellorando e desenvolvendo as súas competencias mediante a colaboración e interacción entre iguais.
  • Deseño Universal para a Aprendizaxe (DUA): proporciona múltiples formas de implicación para asegurar a motivación e o compromiso do alumnado no proceso de aprendizaxe; ofrece múltiples formas de presentación de información (en distintos soportes e formatos) para dar resposta ás diferentes capacidades de percepción ou comprensión do alumnado: e tamén ofrece múltiples formas de acción e de expresión para que o alumnado interactúe libremente coa información e amose a súa aprendizaxe acorde ás súas capacidades.

Xunto cos principios metodolóxicos xerais este REA emprega a metodoloxía específica da materia de "Lingua Castelá e Literatura":

  • Deseño de actividades a partir de textos.
  • Exercitación de comentarios e de actividades de comprensión de textos a través de tarefas secuenciadas e guiadas referidas á forma e ó contido dos fragmentos propostos.
  • Creación de textos escritos seguindo as distintas fases de construción textual.
  • Utilización de recursos para mellorar a oralidade a través de actividades contextualizadas en situacións reais e próximas ó alumnado.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)