Saltar navegación

3.1. Recomendacións de uso

Orientacións e recomendacións de uso

Recursos materiais necesarios

Neste REA inclúense distintos recursos que serven de apoio para alumnado e profesorado:

  • Material descargable da unidade (resumo de contidos).
  • Diario de aprendizaxe (ferramenta de reflexión individual e grupal).
  • Rúbricas de avaliación.

Os documentos preséntanse en dous formatos: editables e formato pdf. o jpg.

Proposta de agrupamentos para actividades grupais

Este REA plantexa diferentes tipos de agrupamento do alumnado.

Actividades individuais
As actividades individuais están deseñadas para que cada alumno e alumna desenvolva competencias específicas e consolide coñecementos teóricos. Estas tarefas permitirán ó alumnado adquirir unha base sólida que lle será de utilidade no desenvolvemento do reto. Recoméndase que estas actividades sexan realizadas de maneira autónoma, proporcionando ó alumnado o tempo suficiente para reflexionar e traballar ó seu propio ritmo.

Actividades grupais (están pensadas para unha clase con rateo de 30 estudantes)
O reto deste recurso consiste no deseño dun estand no que deberán participar varios alumnos e alumnas de forma colaborativa. Para levar a cabo este proxecto, o alumnado formará grupos de entre 3 e 5 integrantes. Esta estrutura de agrupamento permite unha colaboración efectiva e asegura que cada integrante teña a oportunidade de contribuír activamente ó proxecto.

Criterios para a formación dos grupos:

  • Diversidade de habilidades: é recomendable que cada grupo teña unha combinación de habilidades e fortalezas, de modo que o alumnado poida complementar os coñecementos e capacidades dos seus compañeiros e compañeiras.
  • Equilibrio de responsabilidades: deberase fomentar a equidade na distribución das tarefas, asegurando que cada quen teña responsabilidades claras e participe activamente en todas as fases do proxecto.
  • Compatibilidade de traballo: considerar as preferencias persoais e a capacidade de traballo conxunto pode mellorar a dinámica do grupo e a eficiencia no desenvolvemento do proxecto.
  • Dinámica de traballo en grupo:
    • Planificación conxunta: cada grupo deberá decidir o seu produto final e o contido.
    • Distribución de tarefas: as tarefas deben ser asignadas de acordo coas competencias e intereses do alumnado, promovendo así a implicación e motivación de cada persoa integrante do equipo.
    • Realización do traballo: os equipos deberán revisar o seu progreso, resolver problemas e realizar axustes necesarios no plan de traballo.
    • Reflexión e avaliación: ó final do reto, cada grupo realizará unha avaliación conxunta do traballo realizado, identificando logros, dificultades e aprendizaxes adquiridas.

Produtos finais

O produto final deste REA é un estand no que o alumnado deberá presentar os textos descritivos da creación propia que se baseen no seu entorno máis próximo e que inclúan elementos imaxinativos. O estand pode realizarse en forma dunha cartulina, unha caixa ou unha presentación dixital (dependendo dos intereses e capacidades do alumnado).

Enfoque multinivel do reto

O reto final presenta tres niveis de dificultade, para que o alumnado poida escoller opcións máis axeitadas á súa capacidade:

Nivel 1 (básico): o estand contén un herbario coa descrición das plantas máis habituais do entorno e unha topografía acompañada dun debuxo ou foto retocada do lugar descrito. Cada descrición deberá incluír dous recursos literarios diferentes dos que se repasan neste REA (metáfora, símil, hipérbole, personificación, metonimia). A maiores, engadirase un elemento creativo da seguinte lista (á elección do alumnado).

  • Un calendario que inclúa as festividades e unha explicación dos ritos e costumes do ser imaxinario.
  • O seu modo de alimentación, con debuxos e fotos retocadas da súa comida.
  • Unha explicación sobre o seu lecer, cun debuxo ou foto retocada.
  • Unha explicación do seu modo de gañarse a vida (o seu traballo) cun debuxo ou foto retocada.
  • Un relato que narre un día na súa vida.

Nivel 2 (intermedio): o estand contén un herbario coa descrición das plantas máis habituais do entorno, unha topografía acompañada dun debuxo ou foto retocada do lugar descrito e un retrato do ser imaxinario que habita no devandito espazo (que tamén pode acompañarse dun debuxo ou imaxe retocada). Cada descrición deberá incluír tres recursos literarios diferentes dos que se repasan neste REA (metáfora, símil, hipérbole, personificación, metonimia). A maiores engadirase dous elementos creativos da seguinte lista (á elección do alumnado).

  • Un calendario que inclúa as festividades e unha explicación dos ritos e costumes do ser imaxinario.
  • O seu modo de alimentación, con debuxos e fotos retocadas da súa comida.
  • Unha explicación sobre o seu lecer, cun debuxo ou foto retocada.
  • Unha explicación do seu modo de gañarse a vida (o seu traballo) cun debuxo ou foto retocada.
  • Un relato que narre un día na súa vida.

Nivel 3 (avanzado): o estand contén un herbario coa descrición das plantas máis habituais do entorno, unha topografía acompañada dun debuxo ou foto retocada do lugar descrito e un retrato do ser imaxinario que habita no devandito espazo (que tamén pode acompañarse dun debuxo ou imaxe retocada). Cada descrición deberá incluír catro recursos literarios diferentes dos que se repasan neste REA (metáfora, símil, hipérbole, personificación, metonimia). A maiores engadirase tres elementos da lista (á elección do alumnado):

  • Un calendario que inclúa as festividades e unha explicación dos ritos e costumes do ser imaxinario.
  • O seu modo de alimentación, con debuxos e fotos retocadas da súa comida.
  • Unha explicación sobre o seu lecer, cun debuxo ou foto retocada.
  • Unha explicación do seu modo de gañarse a vida (o seu traballo) cun debuxo ou foto retocada.
  • Un relato que narre un día na súa vida.

Esquema reto multinivel





Recomendacións para a coavaliación dos produtos finais

Despois das presentacións dos produtos finais por parte dos equipos, é aconsellable que o alumnado avalíe os estands doutros grupos. Deste xeito cada equipo poderá experimentar o doble rol de avaliado e de avaliador. A rúbrica para avaliar os traballos finais ofrece uns criterios sinxelos e claros e axudaralle  ao alumnado a valorar de forma reflexiva os traballos dos demais equipos. Recoméndase que todos os grupos avalíen todos os estands co fin de conseguiren unha avaliación o máis obxectiva posible. Esta actividade de coavaliacón pódese acortar facendo que cada grupo valore un só estand ao chou.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)