Saltar navegación

1. Descrición xeral

Un mundo por proteger

Este recurso aberto de aprendizaxe está destinado ó alumnado de 1º de ESO. O seu fin é conseguir que avancen de xeito guiado, a través dos exemplos e das actividades secuenciadas, na creación de textos descritivos.  Así, a situación de aprendizaxe propón un reto de creación dun estand con textos descritivos que mesturen elementos reais e imaxinarios e que contribúan á concienciación da xuventude acerca da singularidade, fermosura e importancia vital do noso entorno natural. Faise especial fincapé nas etapas preparatorias  da redacción dun texto e na corrección ortográfica dos escritos.  Paralelamente abórdase o tema da fiabilidade das fontes de información na procura dunha actitude crítica do alumnado ao respecto da información dixital.

Deste xeito preténdese alcanzar as seguintes metas de aprendizaxe:

  • Elaborar textos descritivos utilizando recursos literarios e abundante adxectivación.
  • Describir persoas, lugares e obxectos.
  • Valorar a fiabilidade das fontes de información.
  • Estimular a imaxinación a través de textos literarios.
  • Elaborar un espazo expositivo.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)