Saltar navegación

2.2. Temporalización

Temporalización do REA

Segundo a programación didáctica de referencia publicada en PROENS para a materia de "Lingua castelá e literatura" de 1º de ESO, esta unidade está deseñada para realizar en 12 sesións durante a terceira avaliación.

A continuación inclúese unha estimación da temporalización recomendada para cada fase deste recurso:

Fase Seccións Para que? Temporalización

1. Conozcamos y cuidemos nuestro entorno

(mobilizar)

1.1. La importancia de nuestro entorno

1.2. Planificamos nuestro estand

Sesión de motivación e presentación da situación de aprendizaxe e reto a desenvolver. 1 sesión

2. Nuestro entorno

(activar e recordar)

2.1. Contamos nuestro entorno

2.2. Describimos nuestro entorno

2.3. Imagina tu entorno

Sesións de revisión e activación de coñecementos previos.

Inclúense actividades de comprensión textual e de repaso de tempos verbais, categorías gramaticais (substantivos e adxectivos) e do texto narrativo.

2 sesións

3. Miramos nuestro entorno con otros ojos

(explorar, revisar e estruturar)

3.1. Formas de mirar

3.2. Expresión de la mirada

3.3. Construimos una nueva mirada

Sesións de comprensión e aplicación de novos coñecementos sobre o texto descritivo (expresión de subxectividade ou obxectividade, tipos de descricións segundo o asunto, uso de conectores espaciais, recursos literarios máis comúns, distinción de homófonos e cuestións ortográficas). 4 sesións

4. Una nueva mirada es un nuevo mundo

(aplicar e comprobar)

4.1. Sentamos las bases

4.2. ¡Vamos a por el reto!

4.3. Evaluación y verificación (guía tus pasos)

Sesións adicadas á elaboración de textos descritivos e deseño dos produtos finais do reto. Avaliación e verificación. 4 sesións

5. Nuestro mundo imaginario

(concluír e comunicar)

Sesión de análise do traballo realizado durante a unidade e os contidos traballados.

Autorreflexión individual, de equipo e de clase, sobre a utilidade do aprendido e o traballo realizado durante o reto. Posta en común dos resultados e conclusións co resto da clase.

1 sesión

Feito con eXeLearning (Nova xanela)