Saltar navegación

3.2. Recursos e solucións do REA

Recursos de avaliación do REA

Rúbrica de avaliación da misión científica
 4 Excelente3 Bo2 Mellorable1 Non abonda
Exploración dos catro reinos Preséntanse observacións correctas e equilibradas dos catro reinos traballados: Moneras, Protoctistas, Fungos e Plantas. (4)Inclúense observacións correctas de polo menos dous reinos distintos. (3)As observacións abarcan só un dos reinos ou presentan erros de clasificación. (2)As observacións son escasas ou non se corresponden cos reinos traballados. (1)
Calidade das fotografías As imaxes son nítidas, están ben cadradas e permiten identificar os organismos con claridade. (4)As imaxes teñen calidade aceptable, aínda que algún detalle podería mellorar. (3)A calidade das imaxes dificulta a identificación dalgunhas observacións. (2)As imaxes resultan pouco útiles para a identificación ou non se inclúen. (1)
Datos asociados á observación Inclúense sempre data, hora, localización GPS precisa e notas ambientais relevantes. (4)A maior parte dos datos está presente e é precisa. (3)Algúns datos importantes están ausentes ou presentan imprecisións. (2)Fáltanse datos relevantes ou aparecen mal rexistrados. (1)
Uso de etiquetas temáticas As etiquetas (#microxardin, #invasoras...) están ben escollidas e correctamente aplicadas en todas as observacións. (4)Utilízanse varias etiquetas axeitadas, aínda que non sempre de maneira consistente. (3)Empréganse poucas etiquetas ou algunhas non son axeitadas. (2)Non se empregan etiquetas ou fano de maneira incorrecta. (1)
Participación na comunidade Natusfera Revísanse e identifícanse polo menos 10 observacións doutras persoas usuarias de Galicia, con xustificacións ben argumentadas. (4)Revísanse varias observacións alleas e realízanse algunhas xustificacións adecuadas. (3)A participación en observacións doutras persoas é escasa ou superficial. (2)Non se participa na revisión nin identificación de observacións alleas. (1)
Actitude e interacción coa comunidade Mantense unha actitude colaborativa e respectuosa, con comentarios argumentados e construtivos. (4)A interacción coa comunidade é positiva, aínda que pouco frecuente. (3)A interacción é limitada e os comentarios carecen de fundamentación. (2)Non se establece interacción ou esta resulta inadecuada. (1)
Colaboración no equipo mprense con responsabilidade e iniciativa as funcións asignadas dentro do equipo (fotógrafo/a, taxónomo/a, comunicador/a...). (4)Desempeñan as funcións asignadas con corrección e colaboración. (3)A colaboración é irregular ou superficial. (2)Non se asumen responsabilidades nin se contribúe ao traballo grupal. (1)

equipo cREAgal modificada a partires de CEDEC . Rúbrica de avaliación da misión científica (CC BY-NC-SA)

  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Nova xanela

Solucións do REA

Podes atopar as solucións ás actividades propostas no REA na seguinte ligazón.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)