De microbios a plantas: misión científica
Neste REA (Recurso Educativo Aberto) abórdanse os catro reinos -Moneras, Protoctistas, Fungos e Plantas- co obxectivo de comprender a súa diversidade, características e funcións na natureza. A través deste estudo, o alumnado poderá descubrir organismos microscópicos como as bacterias e protozoos, así como entender o papel fundamental que desempeñan as plantas e os fungos nos ecosistemas. Este coñecemento contribuirá a unha mellor comprensión do mundo que os rodea, e favorecerá o desenvolvemento de habilidades como clasificar, describir, identificar e relacionar información, clave para adquirir a competencia científica.
Por iso, nesta unidade imos traballar tamén co Obxectivo de Desenvolvemento Sostible (ODS) 15: Vida de Ecosistemas Terrestres, que nos invita a coñecer, respectar e protexer a biodiversidade que fai do mundo un lugar habitable. Ademais o ODS 14: Vida submarina que ten como obxectivo a conservación e o uso sostible dos océanos, mares e recursos mariños.
A continuación, aplicarán o aprendido nun reto práctico: converteranse en científicos cidadáns usando a plataforma Natusfera. Mediante saídas á contorna, observarán, rexistrarán e documentarán organismos reais, contribuíndo a proxectos de investigación global. Así, recoñecerán a ciencia como unha ferramenta útil para interpretar e coidar o medio que habitan.