Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Contextualización do REA na programación de materia

Este REA (Recurso Educativo Aberto) forma parte dun conxunto de 6 REA, unha proposta global para a materia de BIX Bioloxía e Xeoloxía de 1º de ESO do proxecto cREAgal para conter as 12 UD (Unidades Didácticas) recollidas da programación modelo de Proens curso 2023 – 2024 e vixente ao curso 2025 – 2026.

A distribución do conxunto de REA da materia de BIX de 1º ESO respecta a temporalización por trimestre e a secuencia de UD. Ademais a proposta de emparellar cada dúas UD por REA respecta os elementos curriculares da programación modelo Proens vixente.

Programación modelo de Proens curso 2023-2024 pdf

Relación dos REA coa programación modelo de Proens

Número de REA e título Unidade/s didáctica/s (Proens) Criterios de avaliación traballados % Peso Materia (Orientación de Proens) Temporalización
REA 1: "Naveguemos e voemos!" UD1 Un mundo de auga
UD2 O aire da Terra
CA5.1 - CA5.2 - CA5.4 - CA5.5 - CA5.6 - CA1.1 - CA1.2 - CA1.3 - CA1.4 - CA1.5 - CA1.6 - CA1.7 - CA1.8
CA5.2 - CA5.3 - CA5.5 - CA5.6 - CA1.1 - CA1.2 - CA1.3 - CA1.4 - CA1.5 - CA1.6 - CA1.7 - CA1.8
9 + 9 17 sesións do primeiro trimestre
REA 2: "Esas pedras preciosas" UD3 Os minerais e as rochas
UD4 A xeosfera
CA4.1 - CA4.2 – CA4.3 – CA4.4 - CA4.5 - CA1.1 - CA1.2 - CA1.3 - CA1.4 - CA1.5 - CA1.6 - CA1.7 - CA1.8
CA4.6 - CA4.7 - CA1.1 - CA1.2 - CA1.3 - CA1.4 - CA1.5 - CA1.6 - CA1.7 - CA1.8
8 + 8 18 sesións do primeiro trimestre
REA 3: "Un fogar para todos" UD5 A Terra, un planeta vivo
UD6 A diversidade dos seres vivos
CA2.1 - CA2.2 – CA2.3 - CA2.4 - CA2.5 – CA3.1 - CA5.4 - CA1.1 - CA1.2 - CA1.3 - CA1.4 - CA1.5 - CA1.6 - CA1.7 - CA1.8
CA2.2 - CA3.2 – CA3.3 - CA3.4 - CA6.6 - CA1.1 - CA1.2 - CA1.3 - CA1.4 - CA1.5 - CA1.6 - CA1.7 - CA1.8
8 + 9  18 sesións do segundo trimestre
REA 4: "De microbios a plantas: misión científica" UD7 Bacterias, fungos e protistas
UD8 Un mundo verde: as plantas
CA2.4 - CA3.3 - CA1.1 - CA1.2 - CA1.3 - CA1.4 - CA1.5 - CA1.6 - CA1.7 - CA1.8
CA2.1 - CA3.2 – CA3.3 - CA1.1 - CA1.2 - CA1.3 - CA1.4 - CA1.5 - CA1.6 - CA1.7 - CA1.8
8 + 9 18 sesión do segundo trimestre
REA 5: "Animais e diversos" UD9 Os animais invertebrados
UD10 Os animais vertebrados
CA2.1 - CA3.2 – CA3.3 - CA1.1 - CA1.2 - CA1.3 - CA1.4 - CA1.5 - CA1.6 - CA1.7 - CA1.8
CA3.2 – CA3.3 - CA1.1 - CA1.2 - CA1.3 - CA1.4 - CA1.5 - CA1.6 - CA1.7 - CA2.1
8 + 8 18 sesións do terceiro trimestre
REA 6: "Sistemas de vida" UD11 Os ecosistemas (I)
UD12 Os ecosistemas (II)
CA6.1 – CA6.2 - CA1.1 - CA1.2 - CA1.3 - CA1.4 - CA1.5 - CA1.6 - CA1.7 – CA1.8
CA5.5 - CA6.3 – CA6.4 – CA6.5 – CA6.6 – CA6.7 - CA1.1 - CA1.2 - CA1.3 - CA1.4 - CA1.5 - CA1.6 - CA1.7 – CA1.8
8 + 8 16 sesións do terceiro trimestre

Eixes da proposta didáctica

Esta guía didáctica enmárcase nos seguintes bloques temáticos de "Bioloxía e Xeoloxía" de 1ºESO:

  • O bloque 1 "Proxecto científico" introduce o alumnado no pensamento e métodos científicos promovendo a formulación de preguntas, a elaboración de hipóteses, a planificación e realización de experimentos, a observación rigorosa, a análise de datos e a comunicación de resultados. Todo isto serviralles de base para investigar e comprender a diversidade dos catro reinos de seres vivos. 
  • O bloque 2 "a célula" abórdase o modelo de ser vivo, entendido non só pola súa organización celular, senón tamén polas tres funcións vitais que realiza todo organismo: a nutrición, a relación e a reprodución. Esta análise permite ao alumnado identificar e diferenciar entre organismos unicelulares e pluricelulares, servindo como punto de partida para a clasificación dos seres vivos segundo a súa estrutura e nivel de organización. Así mesmo, contribúe á comprensión das funcións vitais nos distintos grupos e da súa relación coa complexidade biolóxica de cada tipo de organismo.
  • O bloque 3 "os seres vivos" céntrase na caracterización e clasificación dos principais grupos de seres vivos pertencentes aos catro reinos estudados: Moneras, Protoctistas, Fungos e Plantas. A través do seu estudo, proporciónanse recursos e estratexias para o recoñecemento de especies, tanto microscópicas como macroscópicas, fomentando a observación directa e a identificación de exemplares na contorna próxima. Ademais, promóvese unha visión integradora da biodiversidade, destacando o papel ecolóxico que desempeñan os distintos grupos no equilibrio dos ecosistemas.

Así mesmo, este REA contribúe aos obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS),  ODS 14 (Vida mariña) e ODS 15 (Vida de ecosistemas terrestres), promovendo o respecto pola biodiversidade e o uso sostible dos ecosistemas acuáticos e terrestres.

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

Contidos Bloque da materia

Estratexias para a elaboración do proxecto científico:

  • Formulación de preguntas, hipóteses e conxecturas científicas.
  • Estratexias de utilización de ferramentas dixitais para a procura de información, a colaboración e a comunicación de procesos, resultados ou ideas científicas: ferramentas dixitais e formatos de uso frecuente en ciencia (presentación, gráfica, vídeo, póster, informe...).
  • Recoñecemento e utilización de fontes fidedignas de información científica.
  • Métodos de observación e de toma de datos de fenómenos naturais.
  • Deseño de controis experimentais (positivos e negativos) e argumentación sobre a súa esencialidade para obter resultados obxectivos e fiables nun experimento.
  • A resposta a cuestións científicas mediante a experimentación e o traballo de campo: utilización dos instrumentos e espazos necesarios (laboratorio, aulas, contorna...) de forma adecuada
  • Métodos de análise de resultados. Diferenciación entre correlación e causalidade.
  • Modelado como método de representación e comprensión de procesos ou elementos da natureza.

O labor científico e as persoas dedicadas á ciencia: contribución ás ciencias biolóxicas e xeolóxicas e importancia social. O papel da muller na ciencia.

Bloque 1
  • Funcións vitais:
    - Nutrición: autotrofa e heterotrofa. A fotosíntese.
    - Relación.
    - Reprodución: sexual e asexual.
  • Observacion e comparación de tipos de células ao microscopio e outros medios (vídeos, fotografías...) mediante distintas estratexias e destrezas
Bloque 2
  • Os principais grupos taxonómicos: observación de especies da contorna e clasificación a partir das súas características distintivas.
  • As especies da contorna: estratexias de identificación (guías, claves dicotómicas, ferramentas dixitais, visu...).
  • Estratexias de recoñecemento das especies máis comúns dos ecosistemas da contorna (guías, claves dicotómicas, ferramentas dixitais, visu...).
Bloque 3
Obxectivos Descrición
OBX 1 Interpretar e transmitir información e datos científicos argumentando sobre eles e utilizando diferentes formatos para analizar conceptos e procesos das ciencias biolóxicas e xeolóxicas.
OBX 2 Identificar, localizar e seleccionar información, contrastando a súa veracidade, organizándoa e avaliándoa criticamente para resolver preguntas relacionadas coas ciencias biolóxicas e xeolóxicas.
OBX 3 Planificar e desenvolver proxectos de investigación, seguindo os pasos das metodoloxías científicas e cooperando cando sexa necesario para indagar en aspectos relacionados coas ciencias xeolóxicas e biolóxicas.
Competencias clave Clave dos descritores operativos
CCL. Competencia en comunicación lingüística CCL1, CCL2, CCL3, CCL5
CP. Competencia plurilingüe CP1
STEM. Competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñaría STEM2, STEM3, STEM4
CD. Competencia dixital CD1, CD2, CD3, CD4, CD5
CPSAA. Competencia persoal, social e de aprender a aprender CPSAA3, CPSAA4
CE. Competencia emprendedora CE3
CCEC. Competencia en conciencia e expresión culturais CCEC4

Feito con eXeLearning (Nova xanela)