Saltar navegación

2.2. Temporalización

Temporalización do REA

Fase Seccións Descrición do traballo a desenvolver Temporalización
1. Comeza o percorrido

1.1. Camiño de vida

1.2. O noso reto

Nesta primeira fase realízase unha recapitulación  do que é a biodiversidade, servindo como punto de partida deste recurso educativo sobre os catro reinos.

A continuación, preséntase o reto principal: un desafío práctico no que o alumnado converterase en científicos cidadáns empregando a plataforma Natusfera. A través de saídas á contorna, observarán, rexistrarán e documentarán organismos reais, contribuíndo así a proxectos de investigación global

1 sesión
2. Lembrando outras rutas

2.1. Científicas con sona

2.2. Pero... ti que dis?

O obxectivo desta fase é, por unha banda, lembrar os coñecementos sobre a clasificación dos seres vivos e os niveis tróficos, así como identificar o grao de comprensión do alumnado destes contidos.

Por outra, búscase dar a coñecer dúas mulleres pioneiras no estudo da biodiversidade e desmontar un bulo relacionado cos contidos deste REA a través da realización dun experimento.

2 sesións
3. A misión comeza

3.1. Moneras: o reino invisible

3.2. Protoctistas: o reino das excepcións

3.3. Fungos: o reino dos heroes silenciosos

3.4. Plantas o reino da luz

3.5. Recapitula e afonda

Nesta fase abórdase o estudo dos catro reinos-Moneras, Protoctistas, Fungos e Plantas— cun enfoque centrado na comprensión das súas características principais, as funcións vitais que realizan, a súa clasificación e o papel esencial que desempeñan nos ecosistemas.

Ao coñecer en profundidade os organismos que forman parte destes reinos, o alumnado adquirirá unha visión máis global do mundo vivo e do seu papel como parte activa na preservación do medio ambiente.

10 sesións
4. O reto: coñece, observa e protexe 4.1. Xente naturalista e cientifica de seu

Este reto ten como finalidade que o alumnado observe e clasifique os organismos presentes na súa contorna máis próxima, poñendo especial atención aos pertencentes aos catro reinos estudados.

A través desta experiencia, búscase que desenvolvan unha maior conciencia sobre a diversidade biolóxica que os rodea. Ademais, pretende fomentar unha actitude de compromiso co medio ambiente, promovendo propostas e accións concretas que favorezan un uso responsable dos recursos naturais e contribúan á conservación dos ecosistemas locais.

4 sesións
5. Conclusión

O obxectivo desta conclusión é recoller e sintetizar os contidos mediante a elaboración dun mapa conceptual que facilite a comprensión das ideas clave sobre os catro reinos, permitindo visualizar de forma clara as súas diferenzas en canto a características, clasificación e función de cada un deles.

1 sesión

Feito con eXeLearning (Nova xanela)