Criterios de avaliación e mínimos de consecución
| Códigos CA: descrición dos criterios de avaliación | Mínimos de consecución | Instrumentos de avaliación | Unidade didáctica (Proens) | % (Orientación de Proens) |
|---|---|---|---|---|
| CA1.1 - Analizar e explicar conceptos e procesos biolóxicos e xeolóxicos interpretando a información obtida en diferentes formatos cunha actitude crítica e chegando a conclusións fundamentadas. |
Analizar e explicar conceptos e procesos biolóxicos e xeolóxicos. |
TI | 7 e 8 | 5 |
| CA1.2 - Resolver cuestións sobre bioloxía e xeoloxía localizando, seleccionando e organizando información de distintas fontes e citándoas correctamente. |
Resolver cuestións sobre bioloxía e xeoloxía. | TI | 7 e 8 | 5 |
| CA1.3 - Expor preguntas e hipóteses e intentar realizar predicións sobre fenómenos biolóxicos ou xeolóxicos que poidan ser respondidas ou contrastadas utilizando métodos científicos. |
Expor preguntas e hipóteses que poidan ser respondidas utilizando métodos científicos. | TI | 7 e 8 | 5 |
| CA1.4 - Recoñecer a información sobre temas biolóxicos e xeolóxicos con base científica distinguíndoa de pseudociencias, boatos, teorías conspiradoras e crenzas infundadas... e mantendo unha actitude escéptica ante estes. |
Recoñecer a información sobre temas biolóxicos e xeolóxicos con base científica. |
TI | 7 e 8 | 5 |
| CA1.5 - Deseñar e realizar a experimentación, a toma de datos e a análise de fenómenos biolóxicos e xeolóxicos de modo que permitan responder preguntas concretas e contrastar unha hipótese exposta. |
Deseñar e realizar a experimentación, a toma de datos e a análise de fenómenos biolóxicos e xeolóxicos. |
TI | 7 e 8 | 5 |
| CA1.6 - Presentar as conclusións do proxecto de investigación mediante o formato e as ferramentas dixitais adecuadas, interpretando os resultados e a información obtida a través da experimentación e da observación de campo. |
Presentar as conclusións do proxecto deinvestigación mediante o formato e as ferramentas dixitais adecuadas. | TI | 7 e 8 | 5 |
| CA1.7 - Cooperar dentro dun proxecto científico asumindo responsablemente unha función concreta, respectando a diversidade e a igualdade de xénero e favorecendo a inclusión. |
Cooperar dentro dun proxecto científico respectando a diversidade e a igualdade de xénero e favorecendo a inclusión. |
TI | 7 e 8 | 5 |
| CA1.8 - Valorar a contribución da ciencia á sociedade e o labor de persoas dedicadas a ela con independencia da súa etnia, sexo ou cultura, destacando e recoñecendo o papel das mulleres científicas e entendendo a investigación como un labor colectivo e interdisciplinar en constante evolución. |
Valorar a contribución da ciencia á sociedade e o labor de persoas dedicadas a ela. |
TI | 7 e 8 | 5 |
| CA2.1 - Facilitar a comprensión e a análise de información sobre procesos biolóxicos ou traballos científicos transmitíndoa de forma clara e utilizando a terminoloxía e os formatos adecuados. |
Facilitar a comprensión e a análise de información sobre procesos biolóxicos ou traballos científicos. | PE | 8 | 10 |
| CA2.4 - Identificar as estruturas básicas dos diferentes tipos de células empregando distintas estratexias de observación e comparación. |
Identificar as estruturas básicas das bacterias, fungos e protistas empregando estratexias de observación nalgún caso |
PE | 7 | 15 |
| CA3.2 - Recoñecer os criterios que serven para clasificar os seres vivos identificando as principais categorías taxonómicas ás que pertencen os animais e as plantas máis comúns. |
Identificar as principais categorias taxonómicas ás que pertencen os animais e as plantas máis comúns | PE | 8 | 15 |
| CA3.3 - Describir as características xerais dos grandes grupos de seres vivos utilizando as claves para a identificación e a clasificación de seres vivos. |
Describir as características xerais dos grandes grupos de seres vivos. |
PE | 7 | 20 |
| Lenda: %: Peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: Proba escrita, TI: Táboa de indicadores | ||||