Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Eixes da proposta didáctica

Os contidos e actividades desta proposta didáctica están referenciados no currículo de 1º ESO da materia de Bioloxía Xeoloxía, segundo dispón a orde do 26 de maio do 2023, DOGA do 13 de xuño.

Atinxen aos seguintes bloques:

  • Bloque 1: Proxecto científico. Introduce ao alumnado no pensamento e métodos científicos: a formulación de preguntas e hipóteses, a observación, o deseño e a realización de experimentos, análise e a comunicación de resultados.
  • Bloque 2: "A célula". Onde se inclúen as funcións vitais dos seres vivos: nutrición, relación e reprodución
  • Bloque 3: "Os seres vivos". Aborda o estudo das características e grupos taxonómicos máis importantes dos reinos de seres vivos, así como a identificación e clasificación de exemplares da contorna, a partires das súas características.

E ademáis están conectados co Obxectivo de Desenvolvemento Sustentable (ODS 2030) número 15, que fala de deter a perda de biodiversidade, da declaración de zonas protexidas e áreas clave de biodiversidade.

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

Contidos Bloque da materia
  • Estratexias para a elaboración do proxecto científico:
    - Formulación de preguntas, hipóteses e conxecturas científicas.
    - Estratexias de utilización de ferramentas dixitais para a procura de información, a colaboración e a comunicación de procesos, resultados ou ideas científicas: ferramentas dixitais e formatos de uso frecuente en ciencia (presentación, gráfica, vídeo, póster, informe...).
    - Recoñecemento e utilización de fontes fidedignas de información científica.
    - Métodos de observación e de toma de datos de fenómenos naturais.
    - Deseño de controis experimentais (positivos e negativos) e argumentación sobre a súa esencialidade para obter resultados obxectivos e fiables nun experimento.
    - A resposta a cuestións científicas mediante a experimentación e o traballo de campo: utilización dos instrumentos e espazos necesarios (laboratorio, aulas, contorna...) de forma adecuada.
    - Métodos de análise de resultados. Diferenciación entre correlación e causalidade.
    - Modelado como método de representación e comprensión de procesos ou elementos da natureza.
  • O labor científico e as persoas dedicadas á ciencia: contribución ás ciencias biolóxicas e xeolóxicas e importancia social. O papel da muller na ciencia.
Bloque 1
  •  Funcións vitais:
    - Nutrición: autotrofa e heterotrofa. A fotosíntese.
    - Relación.
    - Reprodución: sexual e asexual.
Bloque 2
  • Os principais grupos taxonómicos: observación de especies da contorna e clasificación a partir das súas características distintivas
  • As especies da contorna: estratexias de identificación (guías, claves dicotómicas, ferramentas dixitais, visu...).
  • Estratexias de recoñecemento das especies máis comúns dos ecosistemas da contorna (guías, claves dicotómicas, ferramentas dixitais, visu¿).
Bloque 3

Obxectivos Descrición
OBX1 Interpretar e transmitir información e datos científicos argumentando sobre eles e utilizando diferentes formatos para analizar conceptos e procesos das ciencias biolóxicas e xeolóxicas.
OBX2 Identificar, localizar e seleccionar información, contrastando a súa veracidade, organizándoa e avaliándoa criticamente para resolver preguntas relacionadas coas ciencias biolóxicas e xeolóxicas.
 OBX3 Planificar e desenvolver proxectos de investigación, seguindo os pasos das metodoloxías científicas e cooperando cando sexa necesario para indagar en aspectos relacionados coas ciencias xeolóxicas e biolóxicas.

Competencias clave Clave dos descritores operativos
Competencia en comunicación lingüística (CCL) CCL1, CCL2, CCL3 e CCL5
Competencia plurilingüe (CP) CP1
Competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñaría (STEM) STEM1, STEM2, STEM3, STEM4 e STEM5
Competencia dixital (CD) CD1, CD2, CD3, CD4 e CD5
Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA) CPSAA1, CPSAA2, CPSAA3, CPSAA4 e CPSAA5
Competencia cidadá (CC) CC3 e CC4
Competencia emprendedora (CE) CE1 e CE3
Competencia en conciencia e expresión culturais (CCEC) CCEC1 e CCEC4

Feito con eXeLearning (Nova xanela)