Metodoloxía
A metodoloxía empregada neste recurso, pretende fomentar nos estudantes a capacidade de aprender de maneira autónoma, traballar en equipo e aplicar métodos de investigación adecuados.
Tentamos que conecten os aspectos teóricos coas súas aplicacións prácticas na sociedade, para así favorecer o pensamento crítico, a curiosidade e a capacidade de resolver problemas de maneira estruturada, sen esquecernos da importancia de que vaian construindo do seu propio coñecemento, poñendo a proba as súas propias teorías.
Este recurso educativo dixital segue unha metodoloxía activa e participativa: a través de diversas ferramentas e actividades, os estudantes exploran conceptos e desenvolven habilidades de indagación, formulación de preguntas, procura de explicacións e comunicación de resultados, dun xeito dinámico e contextualizado. Concretamente neste REA utilizamos:
- Actividades manuais: fomentan a creatividade mediante representacións visuais dos conceptos, achegan a realidade aos contidos e incrementan a autoestima, en canto visualizan os traballos realizados.
- Actividades interactivas: promoven unha aprendizaxe lúdica e motivadora, estimulando a toma de decisións, o pensamento crítico e o traballo en equipo.
- Actividades de lapis e papel: axudan á xerarquizar e consolidar os contidos adquiridos.
- Experiencias de laboratorios: as demostracións prácticas de laboratorio facilitan a comprensión de conceptos teóricos e amplían os coñecementos sobre a vida real e próxima a súa realidade. Debido a esta conexión, son ferramentas moi significativas en canto o aumento da curiosidade e motivación do alumnado.
- Vídeos: facilitan a asimilación de conceptos teóricos, dun xeito atractivo e multidisciplinar.
Todas estas actividades atópanse ao longo da unidade, nas diferentes fases, e con diferentes niveis, ca finalidade de garantir unha aprendizaxe significativa, isto é, involucrar aos estudantes na súa aprendizaxe, favorecendo a autonomía e a comprensión dos contidos, a medida que van progresando.
Tamén están presentes diferentes tipos de agrupamentos, diferenciando actividades de:
- Gran grupo.
- Equipos de traballo colaborativo.
- Traballo individual.