Saltar navegación

2.1. Criterios e instrumentos de avaliación

Criterios de avaliación e mínimos de consecución

Criterios de avaliación (CA)  Mínimos de consecución Instrumentos de avaliación

Unidade didáctica (Proens)

% (Orientación de Proens)
 CA1.1 - Analizar e explicar conceptos e procesos biolóxicos e xeolóxicos interpretando a información obtida en diferentes formatos cunha actitude crítica e chegando a conclusións fundamentadas. Analizar e explicar conceptos e procesos biolóxicos e xeolóxicos. TI 9 e 10 0.5
CA1.2 - Resolver cuestións sobre bioloxía e xeoloxía localizando, seleccionando e organizando información de distintas fontes e citándoas correctamente. Resolver cuestións sobre bioloxía e xeoloxía. TI 9 e 10
0.5
CA1.3 - Expor preguntas e hipóteses e intentar realizar predicións sobre fenómenos biolóxicos ou xeolóxicos que poidan ser respondidas ou contrastadas utilizando métodos científicos. Expor preguntas e hipóteses que poidan ser respondidas utilizando métodos científicos. TI 9 e 10 0.5
CA1.4 - Recoñecer a información sobre temas biolóxicos e xeolóxicos con base científica  distinguíndoa de pseudociencias, boatos, teorías conspiradoras e crenzas infundadas... e mantendo unha actitude escéptica ante estes. Recoñecer a información sobre temas biolóxicos e xeolóxicos con base científica. TI 9 e 10 0.5
CA1.5 - Deseñar e realizar a experimentación, a toma de datos e a análise de fenómenos biolóxicos e xeolóxicos de modo que permitan responder preguntas concretas e contrastar unha hipótese exposta. Deseñar e realizar a experimentación, a toma de datos e a análise de fenómenos biolóxicos e xeolóxicos. TI 9 e 10
0,5
CA1.6 - Presentar as conclusións do proxecto de investigación mediante o formato e as ferramentas dixitais adecuadas, interpretando os resultados e a información obtida a través da experimentación e da
observación de campo.
Presentar as conclusións do proxecto de investigación mediante o formato e as ferramentas dixitais adecuadas. TI 9 e 10 0,5
CA1.7 - Cooperar dentro dun proxecto científico asumindo responsablemente unha función concreta, respectando a diversidade e a igualdade de xénero e favorecendo a inclusión. Cooperar dentro dun proxecto científico respectando a diversidade e a igualdade de xénero e favorecendo a inclusión. TI 9 e 10 0,5
CA1.8 - Valorar a contribución da ciencia á sociedade e o labor de persoas dedicadas a ela con  independencia da súa etnia, sexo ou cultura, destacando e recoñecendo o papel das mulleres científicas e entendendo a investigación como un labor colectivo e interdisciplinar en constante evolución. Valorar a contribución da ciencia á sociedade e o labor de persoas dedicadas a ela. TI 9 e 10 0,5
CA2.1 - Facilitar a comprensión e a análise de información sobre procesos biolóxicos ou traballos científicos transmitíndoa de forma clara e utilizando a terminoloxía e os formatos adecuados. Facilitar a comprensión e a análise de información sobre procesos  biolóxicos ou traballos científicos. PE 9 e 10 20
CA3.2 - Recoñecer os criterios que serven para clasificar os seres vivos identificando as principais categorías taxonómicas ás que pertencen os animais e as plantas máis comúns. Identificar as principais categorías taxonómicas ás que pertencen os animais máis comúns. PE 9 e 10 20
CA3.3 - Describir as características xerais dos grandes grupos de seres vivos utilizando as claves para a identificación e a  clasificación de seres vivos.
Describir as características xerais dos grandes grupos de seres vivos PE 9 e 10 20
Lenda%: Peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: Proba escrita, TI: Táboa de indicadores 

Actividades e instrumentos empregados no REA

Criterios de avaliación Actividades ou exercicios/ Seccións do REA Instrumentos empregados
CA1.1 - Analizar e explicar conceptos e procesos biolóxicos e xeolóxicos interpretando a información obtida en diferentes formatos cunha actitude crítica e chegando a conclusións fundamentadas.

4. Creación da granxa virtual

5. Vexamos a nosa granxa

TI 

Rúbrica para a presentación das tarxetas da granxa virtual

Diario de aprendizaxe

CA1.2 - Resolver cuestións sobre bioloxía e xeoloxía localizando, seleccionando e organizando información de distintas fontes e citándoas correctamente.

2.5. Mulleres con sona

2.6. Pero ti que dis!

4. Creación da granxa virtual

TI 

Lista de cotexo das especificacións da tarxeta da granxa virtual

Diario de aprendizaxe

CA1.3 - Expor preguntas e hipóteses e intentar realizar predicións sobre fenómenos biolóxicos ou xeolóxicos que poidan ser respondidas ou contrastadas utilizando métodos científicos.

2.6. Pero ti que dis!

4. Creación da granxa virtual

TI 

Lista de cotexo das especificacións da tarxeta da granxa virtual

Diario de aprendizaxe

CA1.4 - Recoñecer a información sobre temas biolóxicos e xeolóxicos con base científica
distinguíndoa de pseudociencias, boatos, teorías conspiradoras e crenzas infundadas... e mantendo unha actitude escéptica ante estes.
2.6. Pero ti que dis!

TI

CA1.5 - Deseñar e realizar a experimentación, a toma de datos e a análise de fenómenos biolóxicos e xeolóxicos de modo que permitan responder preguntas concretas e contrastar unha hipótese exposta.

4. Creación da granxa virtual

TI 

Lista de cotexo das especificacións da tarxeta da granxa virtual

Diario de aprendizaxe

CA1.6 - Presentar as conclusións do proxecto de investigación mediante o formato e as ferramentas dixitais adecuadas, interpretando os resultados e a información obtida a través da experimentación e da observación de campo.

4. Creación da granxa virtual

5. Vexamos a nosa granxa

TI 

Lista de cotexo das especificacións da tarxeta da granxa virtual

Rúbrica para a presentación das tarxetas da granxa virtual

Diario de aprendizaxe

CA1.7 - Cooperar dentro dun proxecto científico
asumindo responsablemente unha función concreta,
respectando a diversidade e a igualdade de xénero e
favorecendo a inclusión.

Actividades grupais

4. Creación da granxa virtual

5. Vexamos a nosa granxa

TI 

Lista de cotexo das especificacións da tarxeta da granxa virtual

Rúbrica para a presentación das tarxetas da granxa virtual

Diario de aprendizaxe

CA1.8 - Valorar a contribución da ciencia á sociedade e o labor de persoas dedicadas a ela con independencia da súa etnia, sexo ou cultura, destacando e recoñecendo o papel das mulleres científicas e entendendo a investigación como un
labor colectivo e interdisciplinar en constante evolución.
2.5. Mulleres con sona

TI 

Diario de aprendizaxe

CA2.1 - Facilitar a comprensión e a análise de información sobre procesos biolóxicos ou traballos científicos transmitíndoa de forma clara e utilizando
a terminoloxía e os formatos adecuados.

2. Activa o que sabes.

2.5. Mulleres con sona

2.6. Pero que dis!

3. Coñece aos animais

4. Creación da granxa virtual

5. Vexamos a nosa granxa

PE (non se aporta no REA)

Lista de cotexo das especificacións da tarxeta da granxa virtual

Rúbrica para a presentación das tarxetas da granxa virtual

Diario de aprendizaxe

CA3.2 - Recoñecer os criterios que serven para clasificar os seres vivos identificando as principais categorías taxonómicas ás que pertencen os animais e as plantas máis comúns.

2. Activa o que sabes.

3. Coñece aos animais

4. Creación da granxa virutal

PE (non se aporta no REA)

Lista de cotexo das especificacións da tarxeta da granxa virtual

Diario de aprendizaxe

CA3.3 - Describir as características xerais dos grandes grupos de seres vivos utilizando as claves para a identificación e a  clasificación de seres vivos.

2. Activa o que sabes.

3. Coñece aos animais

4. Creación da granxa virtual

PE (non se aporta no REA)

Lista de cotexo das especificacións da tarxeta da granxa virtual

Diario de aprendizaxe

Feito con eXeLearning (Nova xanela)