Saltar navegación

1. Descrición xeral

Diversos e animais

Este é un REA (Recurso Educativo Aberto) que ten como obxectivo desenvolver, no alumnado de 1º ESO, as competencias clave da materia de Bioloxía Xeoloxía, relativas ao Reino Animal.

Nesta situación de aprendizaxe o alumnado afondará primeiramente, nas características xerais do reino, para despois mergullarse nas de cada un dos grupos e subgrupos. Esta adquisición de contidos preténdese sexa feita, dun xeito activo e integrador, a través das diferentes páxinas de contidos e actividades propostas.

Como elemento motivador e consolidante da aprendizaxe, proponse un reto: a realización dunhas tarxetas identificadoras dun grupo de animais, seleccionados previamente, ca premisa de seren os que serán salvados dunha máis que posible extinción no noso maltratado planeta Terra.

Agardemos que cumpra os seus cometidos.

As metas da aprendizaxe son:

  • Coñecer e saber diferenciar entre os grupos de animais e as súas características principais.
  • Ser consciente da biodiversidade do reino animal.
  • Contextualizar dita biodiversidade no medio natural, tendo en conta a importancia das relacións entre todos os compoñentes dos ecosistemas nos que habitan.
  • Comprender a necesidade de poñer en valor as medidas de conservación dos nichos ecolóxicos e das especies que os forman.
  • Realizar unha investigación científica e a súa divulgación.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)