Temporalización do REA
Tomando como referencia a programación didáctica publicada en PROENS para a materia de Bioloxía e Xeoloxía de 1º de ESO, - segundo o currículo publicado na orde do 26 de maio do 2023, DOGA do 13 de xuño-, esta unidade didáctica está deseñada para realizarse ao longo de 18 sesións.
Na seguinte táboa relaciónanse as diferentes fases da situación de aprendizaxe e o número de sesións previstas para cada unha delas:
| Fase | Seccións | Para que? | Temporalización |
|---|---|---|---|
| 1. A Terra. O fogar dos animais |
1.1. Diferentes fogares para diferentes animais 1.2. Fagamos unha granxa virtual |
Deséñase esta situación de aprendizaxe ca finalidade principal de desenvolver as competencias clave, a través dos contidos relativos a esta unidade. Paralelamente, preténdese que o alumnado estea inmerso nun contexto motivador e cercano a súa realidade, e para iso, deséñase un reto, que incite a adquisición dos contidos necesarios para chegar a realizalo. Presentar este reto: a creación dunha granxa virtual a través dunhas tarxetas, xunto ca importancia da preservación dos biomas como base do mantemento da biodiversidade, é o contido desta primeira sesión. |
1 sesión |
| 2. Activa o que sabes |
2.1. O vivo está ordenado 2.2. Somos células 2.3. Son tres! 2.4. Diversos e clasificados |
Activación de contidos previos: organización estrutural dos seres vivos, a teoría celular, as funcións vitais, e a organización en reinos da diversidade. Poderemos detectar o nivel, as carencias, e as dificultades na adquisición destes coñecementos, que, son base para poder abordar a seguinte fase. |
3 sesións |
|
2.5. Mulleres con sona |
Presentación de mulleres importantes no mundo da zooloxía e traballo de reflexión sobre os impactos das nosas accións cotiás. |
1 sesión | |
|
2.6. Ti que dis! |
Investigación sobre unha falsa crenza. Preténdense crear conflitos cognitivos, para afianzar a construción dos coñecementos científicos, e, con eles, valorar a realidade próxima. |
1 sesión | |
| 3. Coñece os animais |
3.1. Todos os animais 3.2. Algúns non teñen vértebras 3.3. Algúns teñen vértebras 3.4. Todos son importantes 3.5. Comproba o que aprendiches! |
Afondamento nas características xerais dos animais, e nas dos diferentes grupos de invertebrados e vertebrados; e relevancia ecolóxica dos animais. Todo isto acompañado de diferentes actividades multinivel. O coñecemento da biodiversidade, e o papel por ela desenvolvido, conleva a un incremento na estima destes seres vivos, e motor da motivación para a súa conservación.
|
6 sesións |
| 4. Creación da granxa virtual |
4.1. Grupos de investigación 4.2. Espazo de documentación 4.3. Creación das tarxetas |
Desenvolvemento do reto: actividade grupal estruturada en tres fases: formar os distintos grupos de traballo, procura de información e imaxe representativa e, finalmente, elaboración das tarxetas identificadoras de cada animal, coas características esixidas. Actividade grupal, con moita compoñente motivacional. Pretende ser a consolidadora dos novos contidos adquiridos nas fases anteriores, e en sí mesma, unha tarefa que incremente a concienciación e sensibilización fronte a importancia da conservación da biodiversidade. |
5 sesións |
| 5. Vexamos a nosa granxa |
Nesta última fase ten lugar a presentación dos animais seleccionados, nas tarxetas; sumarízase a aprendizaxe adquirida mediante un mapa conceptual, invítaselle a que avalíen o proceso a través dunha rúbrica, e finalmente ten lugar unha reflexión sobre todo o proceso realizado, así como da adquisición de novos coñecementos. Culmina así o proceso de investigación, adquisición e consolidación dos contidos realizado polo alumnado ao longo desta unidade. Pero non podemos esquecer todos os procesos cognitivos de contraste/refutación de hipóteses aos que foron expostos, baixo un prisma científico. Estas situacións de aprendizaxe, convírtense pois, en potenciadores das competencias clave, obxectivo primordial. |
1 sesión |