Nesta situación de aprendizaxe Canto cantas cando contas trabállanse os contidos da UD 3 e parcialmente UD4 modelo de PROENS para a materia de Música e Danza de 5º de primaria. Nela englóbanse as aprendizaxes de cursos anteriores e vincúlanse tamén contidos que se presentaron no REA anterior Muiñeiramos e Minuexas ou Branlexas?.
No presente REA aparecen contidos dos catro bloques que recolle o currículo do Decreto 155/2022 do 15 de setembro.
Esta unidade trata de xeito transversal os bloques da materia, pero con máis intensidade os seguintes obxectivos da materia:
Contidos |
Bloque da materia |
-
A voz e os instrumentos musicais. Familias e agrupacións máis representativas. Clasificación e comprensión da natureza da produción sonora en cada tipo. Identificación visual e auditiva. Instrumentos tradicionais na música galega. Instrumentos dixitais. Aproximación a instrumentos non convencionais e exóticos. Instrumentos caseiros.
-
O tempo, o carácter e a dinámica: identificación e descrición.
-
O pulso, o acento e o compás: identificación e diferenciación entre compás binario, ternario e cuaternario. Introdución ao concepto de subdivisión.
-
A melodía e a forma musical. Repetición e variación melódica.
-
Propostas musicais de diferentes correntes estéticas, procedencias e épocas producidas por creadoras e creadores locais, rexionais, nacionais e internacionais.
-
Aproximación aos principais xéneros musicais.
-
Estratexias básicas de análises de propostas musicais desde unha perspectiva de xénero.
-
Vocabulario específico de música.
-
Recursos dixitais de uso común para música.
-
Normas elementais de comportamento e actitude positiva na recepción de propostas musicais. O silencio como elemento e condición indispensable para manter a atención durante a audición.
|
Bloque 1. Educación musical: percepción e análise. |
- Práctica instrumental, vocal e corporal: experimentación, exploración creativa, interpretación, improvisación e composición con pautas guiadas a partir das súas posibilidades sonoras e expresivas. Respiración consciente e hixiene e corrección postural.
- Construción de obxectos sonoros e instrumentos e exploración das súas posibilidades sonoras para o seu uso expresivo.
- Linguaxes musicais: aplicación dos seus conceptos fundamentais na interpretación e na improvisación guiada de propostas musicais vocais e instrumentais. O silencio como elemento fundamental da música: utilización adecuada Borrador na interpretación musical.
- Aplicacións informáticas de gravación, edición de audio e edición de partituras: utilización guiada na audición, coñecemento, interpretación, gravación, reprodución, improvisación e creación de obras diversas.
- Aproximación ao uso responsable de bancos de imaxes e sons: respecto ás licenzas de uso e distribución de contidos xerados por outros. Plaxio e dereitos de autor.
- Fases do proceso creativo: planificación, interpretación, experimentación e avaliación.
- Avaliación, interese e valoración, tanto do proceso coma do produto final, en producións musicais.
- Normas elementais de comportamento e actitude positiva na creación e interpretación de propostas musicais. O silencio como elemento e condición indispensable durante a creación e a práctica musical.
|
Bloque 2. Educación musical: creación e interpretación |
- Estratexias de recepción activa.
- Manifestacións vinculadas á expresión corporal e ás artes escénicas e performativas de diferentes correntes estéticas, procedencias e épocas producidas por creadoras e creadores locais, rexionais, nacionais e internacionais.
- Profesións vinculadas ás artes escénicas e performativas. Coñecemento e valoración.
- Elementos da representación escénica. Roles, materiais e espazos. Teatralidade. Estrutura dramática básica.
- Estratexias básicas de análises de propostas escénicas e performativas desde unha perspectiva de xénero.
- Vocabulario específico das artes escénicas e performativas.
- Recursos dixitais de uso común para as artes escénicas e performativas.
- Normas de comportamento e actitude positiva na recepción de propostas vinculadas coa expresión corporal e dramática en diferentes espazos culturais e artísticos. O silencio como elemento e condición indispensable para manter a atención durante a recepción.
|
Bloque 3. Educación en artes escénicas e performativas: percepción e análise |
- O corpo e as súas posibilidades motrices, dramáticas e creativas: interese na experimentación e exploración a través de execucións individuais e grupais vinculadas co movemento, coa danza, coa dramatización e coa representación teatral como medio de expresión e diversión.
- Técnicas básicas dramáticas e dancísticas. Respiración consciente e hixiene e corrección postural. Nocións ele- mentais de biomecánica. Linguaxes expresivas. Introdución aos métodos interpretativos. Experimentación con actos performativos. Improvisación guiada e creativa. Interese, práctica e confianza nun mesmo.
- Aproximación ao uso responsable de bancos de imaxes e sons: respecto ás licenzas de uso e distribución de contidos xerados por outros. Plaxio e dereitos de autor.
- Capacidades expresivas e creativas básicas da expresión corporal e dramática. Gozar como forma de interac-ción social, recurso expresivo e emotivo e deleite estético.
- Fases do proceso creativo: planificación, interpretación, experimentación e avaliación.
- Avaliación, interese e valoración, tanto do proceso coma do produto final, en producións escénicas e performativas.
- Normas elementais de comportamento e actitude positiva na creación e interpretación de propostas vinculadas coa expresión corporal e dramática
|
Bloque 4. Educación en artes escénicas e performativas: creación e interpretación |
Este REA pretende:
- Repasar e afianzar os contidos da materia traballados nas unidades anteriores.
- Teoría/Práctica de diferentes elementos da linguaxe musical.
- Afondar no práctica vocal e instrumental coa frauta e instrumentos de altura determinada e indeterminada (refugallo).
- Desenvolver a percepción activa a través do recoñecemento das diferentes voces humanas e danzas rexionais da Península Ibérica.
- Participar na creación artístico-literaria da sonorización dun conto co gallo da conmemoración do día das Letras Galegas.
Obxectivos |
Descrición |
OBX 1
|
Descubrir propostas artísticas musicais e dancísticas de diferentes xéneros, estilos, épocas e culturas, a través da recepción activa, para desenvolver a curiosidade, a sensibilidade, o pensamento crítico e o respecto pola diversidade. |
OBX 2
|
Recoñecer os elementos básicos específicos da linguaxe musical, a través da percepción e da análise de diferentes fragmentos e obras, para chegar á comprensión das diferentes manifestacións culturais e artísticas. |
OBX 3
|
Investigar sobre diferentes manifestacións culturais e artísticas musicais e dancísticas e os seus contextos, empregando diversas canles, medios e técnicas, para gozar delas, entender o seu valor, así como desenvolver o pensamento e unha sensibilidade artística propia. |
OBX4 |
Expresar e comunicar de maneira creativa ideas, sentimentos e emocións, experimentando coas posibilidades do son, do corpo e dos medios dixitais, para producir obras propias. |
OBX5 |
Participar do deseño, elaboración e difusión de producións culturais e artísticas musicais e dancísticas, tanto individuais coma colaborativas, poñendo en valor o proceso e asumindo diferentes roles na consecución dun resultado final, para desenvolver a creatividade, a noción de autoría e o sentido de pertenza. |
A continuación inclúense os descriptores das competencias clave estipuladas pola normativa traballadas neste recurso.
Competencias clave |
Clave dos descritores operativos |
Competencia en comunicación lingüística (CCL)
|
1-5
|
Competencia plurilingüe (CP)
|
3
|
Competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñaría (STEM)
|
1-3
|
Competencia dixital (CD)
|
1-2
|
Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA)
|
1-5
|
Competencia cidadá (CC)
|
1-3
|
Competencia emprendedora (CE)
|
1-3
|
Competencia en conciencia e expresión culturais (CCEC)
|
1-4
|