Saltar navegación

2.1. Criterios e instrumentos de avaliación

Criterios de avaliación e mínimos de consecución

Na seguinte táboa recóllense os criterios de avaliación, os mínimos de consecución que se contemplan para cada criterio, os instrumentos de avaliación previstos e a súa ponderación (en base á proposta de Proens).

Códigos CA: descrición dos criterios de avaliación  Mínimos de consecución Instrumentos de avaliación Unidade/s didáctica/s (Proens) % (Orientación de Proens)
CA1.1 - Distinguir propostas artísticas musicais de diferentes xéneros, estilos, épocas e culturas, a través da recepción activa e mostrando curiosidade por estas. Descobre interpretacións de diferentes xéneros, estilos, épocas e culturas interpretadas exclusivamente coa voz. TI Voces 6
CA1.3 - Identificar visual e auditivamente, clasificar, describir e representar elementos da música e da linguaxe musical. Identifica visualmente e representa no pentagrama as notas: do-si; do-sol agudo.
Realiza ditados de ata 10 pulsos rítmicos (empregando: negra, silencio negra, dobre corchea, 4 semicorcheas) e melódicos (empregando: do, mi, sol).
PE (Non incluída no REA) Voces 20
CA1.6 - Valorar as sensacións e emocións producidas por diferentes manifestacións culturais e artísticas musicais, a partir da análise e da comprensión das devanditas manifestacións. Expresa o significado e o valor que teñen para ela/el as sensacións e as emocións que lle producen as diferentes manifestacións culturais que se lle presentan. TI Voces 5
CA1.7 - Manifestar respecto na recepción de propostas artísticas musicais, interiorizando as normas elementais de comportamento e mostrando unha actitude positiva. Manifesta respecto na recepción de propostas artísticas musicais amosando unha actitude positiva. TI Voces 7
CA2.1 - Producir obras propias básicas utilizando as posibilidades expresivas do corpo, o son, a imaxe e os medios dixitais básicos e mostrando confianza nas capacidades propias. Elabora algún instrumento con materiais sinxelos da súa contorna, de refugallo e/ou de reciclaxe. TI Voces 6
CA2.3 - Utilizar elementos da linguaxe musical para interpretar propostas musicais vocais e instrumentais sinxelas a través da vivencia destes. Le e entoa unha partitura de ata 4 compases de 2/4, 3/4 ou 2 de 4/4; coas notas: do, mi, sol, la e do agudo; e coas figuras: redonda, branca e negra (con/sen puntiño -agás negra con puntiño-) e os seus silencios. TI Voces 6
CA2.5 - Participar no proceso cooperativo de producións culturais e artísticas musicais, de forma creativa, utilizando elementos básicos da linguaxe musical e diferentes técnicas artísticas. Participa en grupo nun conto musical creado engadíndolle efectos con diferentes instrumentos e dramatizándoo, para ser interpretado. TI Voces 6
CA2.7 - Manifestar respecto na realización de actividades, interiorizando as normas elementais de comportamento e mostrando unha actitude positiva e empática cara á expresión de ideas, sentimentos e emocións dos demais. Manifesta respecto na realización de actividades musicais amosando unha actitude positiva. TI Voces 7
CA3.1 - Distinguir propostas artísticas escénicas e performativas de diferentes xéneros, estilos, épocas e culturas, a través da recepción activa e mostrando curiosidade por estas. Descobre diferentes danzas e bailes da Península Ibérica e elabora unha pequena listaxe que inclúa a súa procedencia e/ou as rexións onde se danzan ou bailan. TI Voces 6
CA3.5 - Valorar as sensacións e emocións producidas por diferentes manifestacións culturais e artísticas escénicas e performativas, a partir da análise e da comprensión das devanditas manifestacións. Expresa o valor que lle producen as sensacións e emocións xeradas por diferentes manifestacións culturais e artísticas escénicas e performativas. TI Voces 5
CA3.6 - Manifestar respecto na recepción de propostas artísticas escénicas e performativas, interiorizando as normas de respecto de comportamento e mostrando unha actitude positiva. Manifesta respecto na recepción de propostas artísticas escénicas e performativas e mostra unha actitude positiva. TI Voces 7
CA4.1 - Producir obras propias básicas utilizando as posibilidades expresivas do corpo, o son, a imaxe e os medios dixitais básicos e mostrando confianza nas capacidades propias. Realiza cantando o baile en grupo "Indo eu", propoñendo e guiando a fórmula rítmica da pregunta-resposta da frase B. TI Voces 6
CA4.4 - Participar no proceso cooperativo de producións culturais e artísticas escénicas e performativas, de forma creativa, utilizando elementos básicos da expresión corporal e diferentes técnicas artísticas. Participa en grupo nun conto musical creado engadíndolle efectos con diferentes instrumentos e dramatizándoo, para ser interpretado. TI Voces 6
CA4.6 - Manifestar respecto na creación e interpretación de propostas artísticas escénicas e performativas, interiorizando as normas elementais de comportamento e mostrando unha actitude positiva e empática cara á expresión de ideas, sentimentos e emocións dos demais. Manifesta respecto na realización de actividades escénicas e performativas amosando unha actitude positiva. TI Voces 7
CA1.2 - Describir manifestacións culturais e artísticas musicais, explorando as súas características con interese, establecendo relacións entre elas, valorando a diversidade que as xera, así como as principais profesións vinculadas á creación e interpretación musical, e empregando o vocabulario específico destas. Descobre diferentes mostras de músicas representativas doutros lugares do mundo elaborando unha ficha sobre unha delas e incluíndo unha descrición e a indicación do/s instrumento/s que máis lle chamou/aron a atención. TI Músicas e danzas do mundo 7
CA1.4 - Seleccionar e aplicar estratexias para a procura de información sobre manifestacións culturais e artísticas musicais a través de diversas canles e medios de acceso, de forma individual e colaborativa. Realiza un traballo individual en formato dixital sobre as familias de instrumentos musicais, as agrupacións musicais e as voces. TI Músicas e danzas do mundo 7
CA1.5 - Comparar o significado e os elementos característicos de distintas manifestacións culturais e artísticas musicais que forman parte do patrimonio de diversas contornas, analizando as canles, medios e técnicas vinculados a elas, así como as súas diferenzas e similitudes, e desenvolvendo criterios de valoración propios. Elabora algún tipo de análise sobre as manifestacións culturais e artísticas musicais propostas. TI Músicas e danzas do mundo 8
CA2.2 - Expresar con creatividade ideas, sentimentos e emocións a través de diversas manifestacións artísticas musicais, utilizando as diferentes linguaxes e instrumentos ao seu alcance, mostrando confianza nas propias capacidades e perfeccionando a execución. Expresa, verbalmente e por escrito, os sentimentos e as emocións experimentados trala interpretación de pequenas obras musicais seleccionadas. TI Músicas e danzas do mundo 8
Lenda%: Peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: Proba escrita, TI: Táboa de indicadores

Ao desenvolver de maneira conxunta dúas unidades didácticas da programación modelo de Proens, é preciso facer unha media ponderada coas porcentaxes anteriores para o cálculo da cualificación final.

Actividades e instrumentos empregados no REA

Nesta táboa concrétanse as actividades ou retos empregados no REA do alumnado en relación con cada criterio de avaliación, e indícanse os instrumentos de avaliación que se poden empregar en cada actividade.

Criterios de avaliación Actividades ou exercicios/ Seccións do REA Instrumentos empregados

CA1.3 - Identificar visual e auditivamente, clasificar, describir e representar elementos da música e da linguaxe musical.

1. 2. Serendipia. 2.1 Linguaxe musical. Práctica de Linguaxe Musical I. As figuras e os silencios. Le, escoita e indica a opción correcta en cada caso.

2. 2. Serendipia. 2.1 Linguaxe musical. Práctica de Linguaxe Musical II. Identifica e debuxa as notas musicais.

3. 2. Serendipia. 2.1 Linguaxe musical. Práctica de Linguaxe Musical II. Completa.

1. Retroalimentación.

2. Rúbrica traballo individual.

3. Retroalimentación.

CA1.1 - Distinguir propostas artísticas musicais de diferentes xéneros, estilos, épocas e culturas, a través da recepción activa e mostrando curiosidade por estas.

1. 3. Cantamos coa gaiteira de Lindín. 3.1 Explorando a voz. Atopo o meu rango vocal.

2. 3. Cantamos coa gaiteira de Lindín. 3.1 Explorando a voz. Que aprendín sobre a voz?

3. 3. Cantamos coa gaiteira de Lindín. 3.2. Clasificación das voces. Quen é quen?

4. 3. Cantamos coa gaiteira de Lindín. 3.2. Clasificación das voces. Disposición coral

5. 3. Cantamos coa gaiteira de Lindín. 3.3. A voz a través do tempo. A música vocal arredor do mundo.

1. Rúbrica traballo individual.

2. Retroalimentación.

3. Retroalimentación.

4. Rúbrica traballo individual/equipo.

5. Rúbrica traballo individual.

CA1.2 - Describir manifestacións culturais e artísticas musicais,  explorando as súas  características con interese, establecendo relacións entre elas, valorando a diversidade que as  xera, así como as principais profesións vinculadas á creación e interpretación musical, e empregando o vocabulario específico destas. (*)

1. 2. Serendipia. 2.3 As músicas do mundo. Mapa de músicas do mundo.

2. 2 Serendipia. 2.3 As músicas do mundo. Clasifica instrumentos por familias.

1. Rúbrica traballo individual.

2. Retroalimentación.

CA1.4 - Seleccionar e aplicar  estratexias para a procura de  información sobre manifestacións culturais e artísticas musicais a través de diversas canles e medios de acceso, de forma individual e colaborativa. (*)

1. 4. Canto contas cando cantas. 4.1 Agora conta ti. Actividade de redacción.

1. Rúbrica traballo individual.

CA1.5 - Comparar o significado e os elementos característicos de distintas manifestacións culturais e artísticas musicais que forman parte do patrimonio de diversas contornas, analizando as canles, medios e técnicas vinculados a elas, así como as súas diferenzas e similitudes, e desenvolvendo criterios de valoración propios. (*)

1. 2. Serendipia. 2.3 As músicas do mundo. Mapa de músicas do mundo.

2. 3. Cantamos coa gaiteira de Lindín. 3.4. Bailes da Península Ibérica. Cuestionario: Danzas e bailes da Península Ibérica

1. Rúbrica traballo individual.

2. Retroalimentación.

CA1.6 - Valorar as sensacións e emocións producidas por diferentes manifestacións culturais e artísticas musicais, a partir da análise e da comprensión das devanditas manifestacións. 1. 3. Cantamos coa gaiteira de Lindín. 3.2. Clasificación das voces. Blob opera

1. Rúbrica traballo individual.

2. Rúbrica traballo individual.

CA1.7 - Manifestar respecto na recepción de propostas artísticas musicais, interiorizando as normas elementais de comportamento e mostrando unha actitude positiva.

1. 3. Cantamos coa gaiteira de Lindín. 3.2. Clasificación das voces.

5. 3. Cantamos coa gaiteira de Lindín. 3.3. A voz a través do tempo. A música vocal arredor do mundo.

1. Rúbrica traballo individual.

2. Rúbrica traballo individual.

CA2.1 - Producir obras propias básicas utilizando as posibilidades expresivas do corpo, o son, a imaxe e os medios dixitais básicos e mostrando confianza nas capacidades propias.

1. 2. Serendipia. 2.2 Elementos sonoros. Proposta 1: Chas-Chas.

2. 2. Serendipia. 2.2 Elementos sonoros. Proposta 2: Tarrañola.

3. 2. Serendipia. 2.2 Elementos sonoros. Proposta 3: Cabasa.

1. Rúbrica traballo individual/equipo.

2. Rúbrica traballo individual/equipo.

2. Rúbrica traballo individual/equipo.

CA2.2 - Expresar con creatividade ideas, sentimentos e emocións a través de diversas manifestacións artísticas musicais, utilizando as diferentes linguaxes e instrumentos ao seu alcance, mostrando confianza nas propias capacidades e perfeccionando a execución. (*) 1. 4. Canto contas cando cantas. Sonorizamos o conto: A gaiteira de Lindín. 1. Rúbrica do reto.
CA2.3 - Utilizar elementos da linguaxe musical para interpretar propostas musicais vocais e instrumentais sinxelas a través da vivencia destes.

1. A gaiteira de Lindín. 1.2. Sonorizamos o conto. Aquí tes a canción final.

2. 2. Serendipia. 2.1. Linguaxe Musical. Practica coas notas e coas figuras.

3. 2. Serendipia. 2.1 Linguaxe musical. Práctica de Linguaxe Musical I. Le e entoa esta partitura en 2/4.

4. 2. Serendipia. 2.1 Linguaxe musical. Práctica de Linguaxe Musical I. Le e entoa esta partitura en 3/4.

5. 2. Serendipia. 2.1 Linguaxe musical. Práctica de Linguaxe Musical I. Completa estes ditados rítmicos no teu caderno.

6. 2. Serendipia. 2.1 Linguaxe musical. Práctica de Linguaxe Musical I. Completa estes ditados melódicos no teu caderno.

7. 2. Serendipia. 2.1 Linguaxe musical. Práctica de Linguaxe Musical I. Completa estes ditados rítmico-melódicos no teu caderno.

1. Rúbrica traballo individual.

2. Autoavaliación.

3. Rúbrica traballo individual.

4. Rúbrica traballo individual.

5. Rúbrica traballo individual.

6. Rúbrica traballo individual.

7. Rúbrica traballo individual.

CA2.5 - Participar no proceso cooperativo de producións culturais e artísticas musicais, de forma creativa, utilizando elementos básicos da linguaxe musical e diferentes técnicas artísticas. 1. 2. Serendipia. 2.2 Elementos sonoros. Sube o son que produce o teu elemento sonoro. 1. Rúbrica traballo individual/equipo.
CA2.7 - Manifestar respecto na realización de actividades, interiorizando as normas elementais de comportamento e mostrando unha actitude positiva e empática cara á expresión de ideas, sentimentos e emocións dos demais. 1. 4. Canto contas cando cantas. Sonorizamos o conto: A gaiteira de Lindín. 1. Rúbrica do reto.
CA3.1  - Distinguir propostas artísticas escénicas e performativas de diferentes xéneros, estilos, épocas, e culturas, a través da recepción activa e mostrando curiosidade por estas.

1. 3. Cantamos coa gaiteira de Lindín. 3.3. A voz a través do tempo. Danzas da Península Ibérica. Mapa: Bailes Península Ibérica.

2. 3. Cantamos coa gaiteira de Lindín. 3.3. A voz a través do tempo. Danzas da Península Ibérica. Cuestionario: Danzas da Península Ibérica.

1. Rúbrica traballo individual.

2. Retroalimentación.

CA3.5 - Valorar as sensacións e emocións producidas por diferentes manifestacións culturais e artísticas escénicas e performativas, a partir da análise e da comprensión das devanditas manifestacións.

1. 3. Cantamos coa gaiteira de Lindín. 3.3. A voz a través do tempo. Danzas da Península Ibérica. Mapa: Bailes Península Ibérica.

1. Rúbrica traballo individual.

CA3.6 - Manifestar respecto na recepción de propostas artísticas escénicas e performativas, interiorizando as normas de respecto de comportamento e mostrando unha actitude positiva.

1. 3. Cantamos coa gaiteira de Lindín. 3.3. A voz a través do tempo. A música vocal arredor do mundo.

2. 3. Cantamos coa gaiteira de Lindín. 3.3. A voz a través do tempo. Danzas da Península Ibérica. Mapa: Bailes Península Ibérica.

1. Rúbrica traballo individual.

2. Rúbrica traballo individual.

CA4.1 - Producir obras propias básicas utilizando as posibilidades expresivas do corpo, o son, a imaxe e os medios dixitais básicos e mostrando confianza nas capacidades propias. 1. 3. Cantamos coa gaiteira de Lindín. A gaiteira de Lindín (vídeo).

1. Rúbrica traballo en equipo.

2. Rúbrica do reto.

CA4.4 - Participar no proceso cooperativo de producións culturais e artísticas escénicas e
performativas, de forma creativa, utilizando elementos básicos da expresión corporal e diferentes técnicas artísticas.
1. 4. Canto contas cando cantas. Sonorizamos o conto: A gaiteira de Lindín. 1. Rúbrica do reto.
CA4.6 - Manifestar respecto na creación e interpretación de propostas artísticas escénicas e performativas, interiorizando as normas elementais de comportamento e mostrando unha actitude positiva e empática cara á expresión de ideas, sentimentos e emocións dos demais. 1. 1. Gaiteira de Lindín. 1.2 Sonorizamos o conto. Que pasos seguiremos para acadar o reto.

1. Rúbrica do reto.

(*) Este criterio de avaliación pertence á UD 4

Feito con eXeLearning (Nova xanela)