Saltar navegación

2.2. Temporalización

Temporalización do REA

Este REA está pensado para realizar en 10 sesións no terceiro trimestre.

A continuación inclúese unha estimación da temporalización recomendada para cada fase deste recurso:

Fase Seccións Descrición do traballo a desenvolver Temporalización
1. A gaiteira de Lindín

1.1. Lemos o conto

1.2. Sonorizamos o conto

1.3. Diario de aprendizaxe

Sesión de motivación e presentación do reto a través dun conto como fío condutor. Introdución ao reto. 1 sesión
2. Serendipia

2.1. Linguaxe musical

2.2. Elementos sonoros

2.3. As músicas do mundo

2.4. Diario de aprendizaxe

Activación de coñecementos previos sobre aspectos da linguaxe musical e música e a danza.

Introdución á interpretación instrumental con frauta doce das danzas.

2 sesións
3. Cantamos coa gaiteira de Lindín

3.1. Explorando a voz

3.2. Clasificación das voces

3.3 A voz a través do tempo

3.4. Bailes da Península Ibérica

3.5. Diario de aprendizaxe

Desenvolvemento de habilidades vocais e exploración das capacidades do instrumento vocal, identificando e clasificando as diferentes características e rangos vocais.

Evolución do desenvolvemento da voz ao longo do tempo, comprendendo a súa importancia histórica e cultural, así como para acompañamento a danzas folclóricas.

4 sesións
4. Canto contas cando cantas

4.1. Agora conta ti

4.2. Diario de aprendizaxe

Sesión de posta en común da sonorización dun conto nun evento relacionado coas Letras Galegas.

Integración dos elementos aprendidos durante a situación de ensinanza-aprendizaxe nunha experiencia práctica.

2 sesións
5. Como foi o conto? Repasamos (especialmente o reto final) e reflexionamos sobre o aprendido. 1 sesión

Feito con eXeLearning (Nova xanela)