Orientacións e recomendacións de uso
Recomendacións para o maior aproveitamento posible do REA.
Recursos materiais necesarios
No apartado "Recursos e solucións do REA" desta guía atópase un compendio de documentación relevante para o profesorado, cuxo obxectivo é facilitar o desenvolvemento do REA na aula. Neste inclúese:
- Material descargable da unidade.
- Solucionarios de actividades.
- Rúbricas de avaliación.
Con respecto aos recursos materiais necesarios para o alumnado debemos ter en conta o seguinte:
- As actividades (individuais e grupais) que se presentan son diversas, algunhas están pensadas para realizarse en formato dixital e outras en formato papel.
- No REA do alumnado, están dispoñibles:
- Un diario de aprendizaxe dixital en formato editable.
- Fichas de traballo en grupo para cada unha das tarefas do reto.
- Un dominó para trabalar coas potencias de xeito manipulativo.
- Material descargable, onde se atopa:
- Un resumo dos contidos tratados no REA.
É preciso contar con conexión á rede para a busca de información, visualización de vídeos e para desenvolver actividades co software matemático GeoGebra, tamén é necesaria para poder ver correctamente as expresións matemáticas que estean escritas en latex.
Proposta de agrupamentos para actividades grupais
Nas actividades grupais preténdese que o alumnado traballe de forma cooperativa e colaborativa, intentando favorecer a súa autonomía persoal. Por esta razón, estas actividades van acompañadas dunha ficha adaptada para garantir que o traballo grupal se desenvolve correctamente. Ademais, facilítase ao profesorado unha guía para a formación de grupos que favoreza a implementación deste REA na aula:
Unha plantilla de axuda para a formación de grupos baseada na presentada no REA ao alumnado.
Avaliación
Como instrumentos de avaliación apórtanse rúbricas para avaliar o traballo individual e en equipo.
Non se inclúen no REA as probas escritas recomendadas dentro da programación didáctica que figura no aplicativo PROENS.
Produto final
O produto final do REA "Rutas a lo desconocido" consiste na elaboración dun folleto dunha ruta a través de patrimonio oculto. Esta ruta polo patrimonio escondido debe poñer en valor elementos da contorna do alumnado que non sexan tan coñecidos e merezan a súa divulgación, ben sexa por interés natural, histórico ou cultural. Para describir os distintos elementos que conforman a ruta e o patrimonio oculto elixido o alumnado terá que empregar os números enteiros e as súas operacións en distintos contextos que serán presentados ao longo do REA. Os folletos creados mostraranse ao resto dos compañeiros e compañeiras.
O carácter aberto deste produto final permitirá que o alumnado participe activamente, podendo empregar distintas temáticas e diversos medios para a súa elaboración e expresión (seguindo os principios DUA).
Enfoque multinivel do reto
A elaboración dun folleto permite distintos niveis de dificultade no seu deseño, que desenvolto dentro dun traballo colaborativo é ainda mais aberto de cara ao reparto de tarefas segundo as capacidades de aprendizaxe de cada persoa que o integre.
Uso de números decimais
Debido a que aos contidos do presente REA versan sobre os números enteiros recoméndase evitar o uso de números decimais. Polo tanto, é necesario prestar especial atención aos seguintes aspectos:
- Á hora de traballar con distancias no REA empréganse as medidas en metros para evitar que aparezan cifras decimáis. Se se empregan distintas ferramentas para a elaboración do perfil de ruta poden aparecer decimáis se a medida se realiza en kilómetros.
- Á hora de traballar con temperaturas e coordenadas tómanse só os valores enteiros.
- Para establecer prezos no imprescindible "Organiza á excursión" débense empregar números enteiros.