Saltar navegación

2.2. Temporalización

Temporalización do REA

Este REA deseñouse para desenvolver en 12 sesións (11 de Números enteiros e 1 de Matemáticas en sociedade). A proposta é que se imparta no primeiro trimestre, a continuación do REA sobre números naturais.

Estimación da temporalización recomendada para cada fase deste recurso:

Fase Seccións Para que? Temporalización
Descrición 1. "Descubriendo tesoros ocultos" Sesión de motivación e presentación da tarefa. Introdución ao concepto de patrimonio oculto e ás rutas en bici e a pé. 1 sesión
Exploración (coñecementos previos) 2. "Abriendo camino" Sesión de revisión e activación de coñecementos previos nesta e noutras materias. Revisión do conxunto dos números naturais e idea non formal do conxunto dos números enteiros. 1 sesión
Conexión  3. "Conectando lo conocido a lo desconocido" Sesións de desenvolvemento do reto e introdución de novas ferramentas matemáticas para a resolución de problemas contextualizados. Formalización do conxunto dos números enteiros e as súas operacións (suma, resta, multiplicación, división e potencias de números enteiros). 8 sesións
Reto final 4. "Divulgando tesoros ocultos" Sesións de recopilación de información e síntese das actividades realizadas. Selección da información que aparecerá no folleto. 2 sesións
Conclusión 5. "Fin de ruta" Sesión de presentación das rutas por parte do alumnado. Reflexións sobre a aprendizaxe realizada. Autoavaliación e  coavaliación.  1 sesión

Feito con eXeLearning (Nova xanela)