Saltar navegación

3. Guía de uso

Parada inicial

O REA "Rutas a lo desconocido" trata de sentar as bases do traballo con números enteiros á vez que se desenvolve o sentido socioafectivo que corresponde ao curso de 1ºESO. A identificación, representación e comprensión dos números enteiros e a aplicación das súas operacións posibilitan que o alumnado deseñe unha ruta polo patrimonio oculto cercano a súa contorna. O recurso fai que o alumnado traballe dende un enfoque competencial cercano a súa realidade, construindo unha situación de aprendizaxe relacionada coa sua vida persoal.

Os diferentes bloques do REA están pensados tendo en conta o DUA,  presentado diferentes versións da información de xeito que diversificamos o acceso á información en diferentes formatos e niveis, tentando chegar ó maior número de realidades individuiais de noso alumnado. 

Pretendemos que o alumnado coñeza e asimile de forma razoada as regras para operar con números enteiros, apoiándose no desenvolvemento dunha situación de aprendizaxe que profundice na resolución de problemáticas evitando así unha aprendizaxe memorística. 

En concreto o REA inclúe cinco fases ben diferenciadas co fío condutor da creación dunha ruta polo patrimonio oculto de Galicia

Na primeira fase "Descubrindo tesoros ocultos" descríbese o reto a acadar, o deseño en grupo dun folleto dunha ruta que crean a través da súa contorna, e tamén onde se crean os grupos de traballo. Trátase dunha fase motivacional e integradora, moi enfocada cara o sentido socioafectivo. 

Na segunda fase "Abriendo camino" realízase un repaso dos coñecementos abordados na educación primaria en relación coa identificación e interpretación dos números enteiros e co traballo cos números naturais vistos tamén nas unidades anteriores do curso. Tratando de contextualizar estes contidos no patrimonio natural agochado da nosa comunidade expoñendo a diferenza entre altitude e altura, a utilización das coordenadas xeográficas e as datas históricas.

Na terceira fase "Conectando lo conocido a lo desconocido" introdúcense os novos contidos como a representación e ordenación dos números enteiros, o calculo e interpretación do valor absoluto e o oposto dun número, as operacións con números enteiros, a realización de operacións combinadas aplicando a xerarquía de operacións, as potencias de base enteira e a resolución de problemas contextualizados. 
Ademáis esténdense a outros contidos traballados anteriormente como a estimación de medidas, a identificación de situacións nas que son precisas as matemáticas e o pensamento computacional, pasando polo desenvolvemento de estratexias de aprendizaxe, observación, análise e investigación.

Na cuarta fase "Divulgando tesoros ocultos" ponse en práctica todo o aprendido, polo que o alumnado debe ser quen de diseñar o seu folleto da ruta creada polo patrimonio oculto seleccionado, sendo precisa a utilización dos números enteiros como chave para a representación correcta dos datos. 

Na quinta fase "Fin de ruta" ponse en valor o aprendido compartíndoo co resto da clase e abrindo a posibilidade de que algún destes folletos poida ser utilizado pola comunidade educativa para facer realidade a proposta. 

Feito con eXeLearning (Nova xanela)