Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Eixes da proposta didáctica

Esta proposta didáctica está baseada nos eixes da materia "Matemáticas" de 1º de ESO, traballando principalmente as destrezas socioafectivas e a resolución de problemas a partir do sentido numérico (numeración e cálculo en distintos contextos) facendo fincapé nos seguintes aspectos:

  • As matemáticas como instrumento para explicar e comprender a nosa contorna.

  • Aprendizaxe a través da resolución de problemas e a exploración de distintos procesos para obter solucións.

  • Desenvolvemento do pensamento computacional e a modelización de situacións.

  • Conexión das matemáticas con outras materias e en situacións reais.

  • Interconexión dos diferentes conceptos matemáticos.

  • Fomento do traballo en equipo e individual.

  • Uso de distintas metodoloxías mediante o uso de ferramentas tecnolóxicas, xogos e material manipulativo.

  • Perspectiva socioemocional, disminución das actitudes negativas cara á materia, a normalización dos erros, e a toma de decisións informadas e responsables.

  • Fomento das matemáticas inclusivas.

  • Comunicación de forma individual e colectiva de procesos e conceptos matemáticos coa terminoloxía matemática axeitada.

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

Este REA, en relación coa programación didáctica de referencia publicada en PROENS para a materia de "Matemáticas" de 1º de ESO, contextualízase na unidade didáctica "Números Enteiros" e "Matemáticas para a vida en sociedade". Pola súa situación, despois de traballar os numeros naturais e potencias e a divisibilidade, pretende tamén que o alumnado integre o aprendido con anterioridade. 

O recurso englóbase fundamentalmente no bloque de contidos 1. Sentido numérico céntrado na aplicación do coñecemento sobre numeración e cálculo en distintos contextos e o bloque 6. Sentido socioafectivo que pretende a integración de coñecementos, destrezas e actitudes para entender e manexar as emocións, establecer e alcanzar metas. 

Contidos Bloque da materia
  • C1.1 - Cálculo.
    • C1.1.1 - Utilización do cálculo para resolver problemas da vida cotiá adaptando a estratexia e o tipo de cálculo ao tamaño dos números.
  • C1.2 - Cantidade.
    • C1.2.1 - Identificación, comprensión e representación de cantidades con números enteiros.
    • C1.2.2 - Expresión de cantidades mediante números enteiros, fraccións, decimais e raíces cadradas exactas en contextos da vida cotiá coa precisión requirida.
    • C1.2.3 - Recoñecemento e aplicación de diferentes formas de representación de números naturais e enteiros, incluída a recta numérica.
    • C1.2.4 - Resolución de problemas en diferentes contextos, seleccionando a representación máis adecuada dunha mesma cantidade (natural, enteiro, decimal ou fracción).
  • C1.3 - Sentido das operacións.
    • C1.3.2 - Identificación e aplicación das operacións con números enteiros, fraccionarios ou decimais útiles para resolver situacións contextualizadas.
    • C1.3.3 - Resolución de problemas contextualizados con operacións combinadas de números naturais, enteiros, fraccionarios e decimais, tendo en conta a xerarquía e aplicando as propiedades adecuadas para realizar os cálculos de maneira eficiente.
Bloque 2
  • C6.1 - Crenzas, actitudes e emocións.
    • C6.1.1 - Fomento da curiosidade, da iniciativa, da perseveranza e da resiliencia cara á aprendizaxe das matemáticas.
    • C6.1.2 - Recoñecemento das emocións que interveñen na aprendizaxe como a autoconciencia e a autorregulación.
    • C6.1.3 - Desenvolvemento da flexibilidade cognitiva para aceptar un cambio de estratexia cando sexa necesario e transformar o erro nunha oportunidade de aprendizaxe.
  • C6.2 - Traballo en equipo e toma de decisións.
    • C6.2.1 - Técnicas cooperativas para optimizar o traballo en equipo e compartir e construír coñecemento matemático.
    • C6.2.2 - Condutas empáticas e estratexias de xestión de conflitos.
  • C6.3 - Inclusión, respecto e diversidade.
    • C6.3.1 - Promoción de actitudes inclusivas e aceptación da diversidade presente na aula e na sociedade.
    • C6.3.2 - Recoñecemento da contribución das matemáticas ao desenvolvemento dos distintos ámbitos do coñecemento humano desde unha perspectiva de xénero.
Bloque 6

Os contidos están organizados baixo un carácter cognitivo e afectivo, o que posibilita empregar estes contidos dun xeito funcional e transversal, logrando así establecer conexións entre os diferentes sentidos matemáticos.

Os contidos tratados neste recurso posibilitan o alcance en especial dos seguintes obxectivos da materia:

Obxectivos Descrición
OBX 1 Interpretar, modelizar e resolver problemas da vida cotiá e propios das matemáticas aplicando diferentes estratexias e formas de razoamento para explorar distintas maneiras de proceder e obter posibles solucións.
OBX 6
Identificar as matemáticas implicadas noutras materias e en situacións reais susceptibles de ser abordadas en termos matemáticos, interrelacionando conceptos e procedementos para aplicalos en situacións diversas.
OBX 9
Desenvolver destrezas persoais identificando e xestionando emocións, poñendo en práctica estratexias de aceptación do erro como parte do proceso de aprendizaxe e adaptándose ante situacións de incerteza para mellorar a perseveranza na consecución de obxectivos e o gozo na aprendizaxe das matemáticas.
OBX 10
Desenvolver destrezas sociais recoñecendo e respectando as emocións e as experiencias dos demais, participando activa e reflexivamente en proxectos en equipos heteroxéneos con roles asignados para construír unha identidade positiva como estudante de matemáticas, fomentar o benestar persoal e grupal e crear relacións saudables.

A continuación inclúense os descritores das competencias clave estipuladas pola normativa traballadas neste recurso.

Competencias clave Clave dos descritores operativos
Competencia en comunicación lingüística (CCL) CCL5
Competencia plurilingüe CP3
Competencia matemática, en ciencia, tecnoloxía e enxeñería (STEM) STEM1, STEM2, STEM3, STEM4, STEM5
Competencia dixital (CD) CD2, CD3, CD5
Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA) CPSAA1, CPSAA3, CPSAA4, CPSAA5
CC - Competencia cidadá CC2, CC3, CC4
Competencia emprendedora (CE) CE2, CE3
Competencia en conciencia e expresión culturais (CCEC) CCEC1, CCEC3, CCEC4

Feito con eXeLearning (Nova xanela)