¡Cómo está el patio!
O REA "¡Cómo está el patio!" está deseñado para que o alumnado de 1º da ESO leve a cabo un proxecto técnico completo, combinando o deseño coa construción dunha maqueta dun elemento estrutural para mellorar o patio do centro.
O REA segue unha estrutura definida que é importante ter en conta:
- Fase 1: motivación → Introdución ao reto (descrición e contextualización).
- Fase 2: exploración → Revisión dos coñecementos adquiridos previamente sobre estruturas naturais e artificiais.
- Fase 3: conexión → Introdución de novos conceptos teóricos sobre estruturas, esforzos, tipos, condicións e elementos estruturais.
- Fase 4: reto final → Deseño e construción das maquetas das estruturas.
- Fase 5: conclusión →Exposición e coavaliación dos produtos finais.
Seguindo as fases do método de proxectos, o alumnado identificará necesidades específicas do patio, investigará para atopar solucións creativas, executará os seus deseños, construirá os seus prototipos e avaliará os resultados. Este enfoque fomenta a aprendizaxe práctica, permitindo aplicar os coñecementos teóricos tratados no recurso nun contexto real.
O proxecto non só desenvolverá competencias técnicas e dixitais, senón que tamén fortalecerá habilidades como o traballo en equipo, a resolución de problemas e a xestión do tempo. A través desta experiencia, búscase preparar ao alumnado para enfrontar desafíos reais, promovendo unha formación integral e práctica.
Os diferentes bloques do REA están pensados tendo en conta o Deseño Universal para a Aprendizaxe (DUA). Así, presentan diferentes versións da información, diversificando o acceso á mesma en diferentes formatos e niveis, tentando chegar ó maior número de realidades individuais do alumnado.