Na programación didáctica de referencia publicada en PROENS para a materia de "Tecnoloxía e Dixitalización" de 1º de ESO, este REA contextualízase na terceira unidade didáctica "Proxecto de estruturas", impartida na primeira avaliación. Atópase no inicio do desenvolvemento do currículo para que o alumnado adquira as habilidades, destrezas e coñecementos necesarios para poder aplicalas nas seguintes unidades didácticas nas diferentes fases do proceso tecnolóxico.
O recurso englóbase nos seguintes bloques de contidos 1, 2, 3 e 5
- Bloque 1: O proxecto tecnolóxico.
- Bloque 2: Deseño e fabricación.
- Bloque 3: Elementos de máquinas, sistemas e robots.
- Bloque 5: documentación e comunicación dixital.
En conxunto con outros criterios de aprendizaxe traballados en outras unidades, o alumnado aprenderá a elaborar a documentación dos proxectos técnicos levados a cabo no taller.
Contidos |
Bloque da materia |
- Estratexias, técnicas e marcos de resolución de problemas en diferentes contextos e as súas fases.
- Estratexias de procura crítica de información durante a investigación e a definición dos problemas expostos.
- Emprendemento, resiliencia, perseveranza e creatividade para abordar problemas desde unha perspectiva
interdisciplinaria.
|
Bloque 1 |
- Uso de materiais tecnolóxicos para a fabricación de obxectos ou modelos nun proxecto tecnolóxico e o seu impacto ambiental.
- Uso e manipulación de ferramentas básicas. Técnicas de mecanización de materiais na construción de obxectos e prototipos.
- Respecto das normas de seguridade e hixiene.
|
Bloque 2 |
- Estruturas para a construción de modelos.
- Deseño de sistemas que incorporen estruturas, mecanismos e circuítos eléctricos sinxelos para a resolución de problemas técnicos. Interpretación, deseño e aplicación en proxecto.
- Deseño de sistemas que incorporen estruturas sinxelas para a resolución de problemas técnicos. Interpretación, deseño e aplicación en proxecto.
|
Bloque 3 |
- Vocabulario técnico apropiado.
- Ferramentas dixitais para a elaboración de documentación técnica relativa a proxectos.
- Ferramentas de edición e creación de contidos: instalación, configuración e uso responsable.
|
Bloque 5 |
Os principais obxectivos do currículo traballados ao longo deste REA son os seguintes:
Obxectivos |
Descrición |
OBX 1 |
Buscar e seleccionar a información adecuada proveniente de diversas fontes, de maneira crítica e segura, aplicando procesos de investigación, métodos de análise de produtos e experimentando con ferramentas de simulación, para definir problemas tecnolóxicos e iniciar procesos de creación de solucións a partir da información obtida. |
OBX 2 |
Abordar problemas tecnolóxicos con autonomía e actitude creativa, aplicando coñecementos interdisciplinarios e traballando de forma cooperativa e colaborativa, para deseñar e planificar solucións a un problema ou necesidade de forma eficaz, innovadora e sostible. |
OBX 3 |
Aplicar de forma apropiada e segura distintas técnicas e coñecementos interdisciplinarios utilizando operadores, sistemas tecnolóxicos e ferramentas, tendo en conta a planificación e o deseño previo para construír ou fabricar solucións tecnolóxicas e sostibles que dean resposta a necesidades en diferentes contextos. |
OBX 4 |
Describir, representar e intercambiar ideas ou solucións a problemas tecnolóxicos ou dixitais, utilizando medios de representación, simboloxía e vocabulario axeitados, así como os instrumentos e os recursos dispoñibles, e valorando a utilidade das ferramentas dixitais para comunicar e difundir información e propostas. |
OBX 6 |
Comprender os fundamentos do funcionamento dos dispositivos e aplicacións habituais da súa contorna dixital de aprendizaxe, analizando os seus compoñentes e funcións e axustándoos ás súas necesidades para facer un uso máis eficiente e seguro destes e para detectar e resolver problemas técnicos sinxelos. |
A continuación inclúense os descritores das competencias clave estipuladas pola normativa traballadas neste recurso:
Competencias clave |
Clave dos descritores operativos |
Competencia en comunicación lingüística (CCL) |
CCL1, CCL3 |
Competencia Plurilingüe (CP) |
CP2 |
Competencia matemática, en ciencia, tecnoloxía e enxeñería (STEM) |
STEM1, STEM2, STEM3, STEM4, STEM5 |
Competencia dixital (CD) |
CD1, CD2, CD3, CD4, CD5 |
Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA) |
CPSAA1, CPSAA3, CPSAA4, CPSAA5 |
Competencia emprendedora (CE) |
CE1, CE3 |
Competencia da conciencia e expresións culturais (CCEC) |
CCEC3, CCEC4 |