Practica IA con UX1A. Os patróns na IA (es)
Descrición: Contido interactivo no que o alumnado, agrupado en equipos de traballo, deberá clasificar as froitas que aparecen na pantalla de forma aleatoria, indicando para cada unha catro características esenciais. O obxectivo é que o resto dos grupos sexa capaz de identificar de que froita se trata sen ver o seu nome nin unha imaxe e comprender como a IA aprende e identifica mediante patróns.
Número de sesións estimadas: Segundo criterio docente, dependendo dos coñecementos previos do alumnado e da profundidade coa que se queira traballar.
Idioma: Castelán.
Outras características:
- Contido introdutorio sobre patróns na IA.
- Aleatorización das froitas que se mostran aos alumnos e alumnas.
- Posta en común das características por cada equipo.
- Reflexión guiada sobre como a intelixencia artificial saca patróns a partir de imaxes, empregando algoritmos para a toma de decisións e clasificación.
Contido relacionados: