ODE 3: A Day in England

World Citizens ofrece situacións comunicativas variadas e conectadas coa realidade do alumnado de 6º de Primaria, que permiten o desenvolvemento de estratexias comunicativas de produción, interacción e mediación lingüística, contribuíndo ao establecemento dunha competencia comunicativa básica en inglés e convidando á reflexión lingüística e cultural que fortalece a adquisición da competencia plurilingüe.
O ODE 3, titulado A Day in England, ten como obxectivos que o alumnado describa a súa rutina e a dun compañeiro/a, expresando frecuencia e hora. Así mesmo, persegue que recoñezan as principais diferenzas entre as rutinas británicas e galegas.