ODE 1: New Twinning Partners!

World Citizens ofrece situacións comunicativas variadas e conectadas coa realidade do alumnado de 6º de Primaria, que permiten o desenvolvemento de estratexias comunicativas de produción, interacción e mediación lingüística, contribuíndo ao establecemento dunha competencia comunicativa básica en inglés e convidando á reflexión lingüística e cultural que fortalece a adquisición da competencia plurilingüe.
O ODE 1, titulado New Twinning Partners!, ten como obxectivos que o alumnado se presente e empregue preguntas sobre información persoal básica, ademais de describirse a un mesmo e a un compañeiro/a. Así mesmo, persegue que se familiarice cos principais países e características da Commonwealth.