No me mires que me desgasto
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 3- dun total de 6- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Física e Química de 2º de Educación Secundaria Obrigatoria.
A situación de aprendizaxe desenvolvida ten como fío condutor a análise das causas de deterioración da contorna debido aos cambios físicos e químicos, poñendo en valor o patrimonio galego e a súa conservación. Cun enfoque competencial, o alumnado investiga, analiza e aplica de maneira práctica conceptos relacionados coa materia e os cambios.
No reto proposto, o alumnado creará un mapa dos cambios físicos e químicos da contorna, analizando os cambios físicos e químicos, as reaccións químicas, o axuste de reaccións e a lei de conservación da materia. O produto final elaborado poderá empregarse como parte dunha exposición destinada á comunidade educativa.