Física e Química 2ºESO: OD14 As forzas que moven o noso universo
Conxunto de 25 ODs de Física e Química de 2º ESO relacionados con contidos de matemáticas e bioloxía do mesmo curso, con actividades en galego e inglés e sobre mulleres científicas.
OD14. As forzas que moven o noso universo
Obxectivos
- Identificar as diferentes forzas que existen na natureza
- Coñecer os diferentes niveis de agrupación entre corpos celestes
- Comprender a evolución dos diferentes modelos postulados do Universo
- Entender a natureza das interacións que teñen lugar entre os corpos que nos rodean
- Considerar a forza gravitatoria como a responsable do peso dos corpos
- Calcular áreas e perímetros de diferentes figuras
- Valorar a utilidade de cálculos simples aplicando diferentes teoremas
Breve resumo
As forzas que imperan no noso Universo, son as responsables da maioría dos fenómenos que observamos. Nesta unidade faremos unha viaxe a través das estrelas, tratando de entender a dinámica do mundo no que vivimos e todos os corpos celestes que nos rodean.