ExpoMoving
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 1 -dun total de 4- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Educación Física de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria.
A situación de aprendizaxe desenvolvida propón a formación do alumnado como adestradores e adestradoras persoais, para a promoción de hábitos de vida activa e saudable, cun enfoque competencial orientado á investigación, á análise e á aplicación práctica do aprendido.
O reto consiste en organizar unha xornada de convivencia saudable coas familias. A actividade ten formato de feira ("ExpoMoving"), formada por un número concreto de espazos teórico-prácticos que deberán organizar os distintos grupos.