Curso en Moodle do recurso HospiVital

Visto: 32 veces
Votos
Aínda sen votos

07/05/2025

Portada do curso moodle

Este recurso educativo traballa contidos da materia de Bioloxía e Xeoloxía, dirixidos principalmente para o nivel de 3º ESO.

Este é o curso Moodle que forman o recurso educativo HospiVital - a saúde e a enfermidade.

Está estruturado como un curso en Moodle, dividido en varias seccións ou temas. Cada tema corresponde a unha estación de traballo dentro do departamento de HospiVital (como microbioloxía, comunicación externa, epidemioloxía, entre outras).

En cada estación de traballo inclúese un Obxecto Dixital Educativo (ODE), acompañado doutras actividades en formato H5P, como pasatempos, un glosario ou unha sección para a entrega de tarefas.